Páginas

15 feb 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022: 23 DE FEBREIRO

  


   Este é o cartel escollido pola AELG para conmemorar este ano o Día de Rosalía, baixo o lema SEMENTADE PENSAMENTOS. No mesmo cartel, aparecen unhas palabras de Rosalía que ben poden encaixar perfectamente coa nosa seguinte conmemoración do 8 de marzo, Día da muller, e que abre o manifesto da escritora Beatriz Maceda Abeleira:

    "EU SON LIBRE. NADA PODE CONTER A MARCHA DOS MEUS PENSAMENTOS, E ELES SON A LEI QUE REXE O MEU DESTINO." 

      Dar renda solta aos pensamentos, á liberdade a través das palabras e das diferentes linguas que tecen a nosa diversidade cultural, sen fronteiras, pola igualdade e polo respecto ás persoas e á natureza...porque sen unhas non existirían as outras. 

     Así Rosalía agasallounos coa súa voz, a súa palabra, os seus versos cheos de sentimentos, de forza, de coraxe, de emoción...polo que agora, Libruxa proponnos dar voz a eses versos cun "maratón rosaliano" que, ao longo desta semana, nos leve a reflexionar e a sementar pensamentos. 

     

Día de Rosalía 2022 by Nazareth

   Animádevos a sementar os vosos pensamentos a través dos versos de Rosalía, empregando a lingua, a palabra e a liberdade de imaxinación e creación!!!!

   O alumnado de 6ºB foi sementado pensamentos ao longo deste mes e este é o resultado: 






   No blog da radio, atoparedes os podcasts dos recitados que o alumnado de infantil e 1º ciclo fixeron dos poemas elexidos de Rosalía: 

                     maratón rosaliano