Despois da montaxe das exposicións de cada centro (ver vídeo)
xa está todo preparado para inaugurar esta 8ª edición na tarde do martes 4 de xuño, con moitas actividades: música, poesía...asistencia de autoridades e profesorado dos centros participantes.
Por mor da chuvia, o acto tivo lugar no Teatro Pastor Díaz e interviñeron a Asesora de BE, María Consuelo Gundín Rey; a Coordinadora dos EDLG, Pilar Teijeiro Díaz; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García e a Conselleira de Educación, Carmen Tomar Tojo. Tamén tivo como protagonistas moi especiais aos nenos e nenas de diferentes idades e ás súas familias que participaron con pequenos discursos e poemas.
A parte literaria estivo a cargo do escritor Antón Cortizas, figura de referencia na literatura galega, que deu renda solta á súa creatividade e transformou a palabra, os sentidos e os sentimentos en poesía.
Acompañou o acto inaugural a música do grupo de gaitas Amigos do fol e o grupo de metais Petit Band, do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e que tocaron na praza.
Aquí quedan para o recordo algunhas imaxes:
Tamén podedes ver un pequeno resumo neste vídeo de imaxes:
Tamén a prensa da zona se foi facendo eco deste acto: