Páginas

9 may 2017

MONTAXE DA EXPOSICIÓN EN VIVEIRO






As nosas propostas para a exposición deste curso xa levan expostas uns días nos centros para que a comunidade educativa poida ver os fermosos traballos feitos polo alumnado e as familias. 
   Este venres foi o momento de preparar a montaxe na exposición en Viveiro. Levamos unha selección de títeres e así foi como quedou o noso traballo na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro. Alí estarán para quen queira visitar a mostra dende o luns 8 ata o xoves 11 de maio:  



















      Rematou o tempo das xuntanzas, da toma de decisións, das exposicións nos centros, que xa levan uns días, e chegou o momento final, o momento de abrir as portas a esta exposición e amosarvos o resultado do traballo conseguido, da ilusión e do esforzo, e aquí hai que facer unha mención moi especial aos nenos e nenas dos nosos centros e ás súas familias, xa que sin eles esta actividade non tería sentido e, de verdade, cada ano nos sorprenden máis.
     
      O tema era moi amplo e iso deu pé a que as diferentes “artes” estivesen presentes e repartidas polos distintos centros a través de diferentes propostas artístico-literarias: “Arte de Sargadelos e a literatura nas Edicións do Castro”; a pintura, nunha homenaxe a Maruja Mallo ou ben co impresionismo; Mosaicos sobre a poesía mariñana de Xoán Neira; música tradicional; arquitectura popular; Viveiro monumental; a fotografía de faros, e tamén a fotografía interpretativa da literatura mariñana actual; o teatro, con “titeriteando contos”; retratos-caricaturas de persoeiros mariñanos das artes e das letras; “infancias de cine”…Como vedes, hai para todos os gustos, porque a arte é iso, unha cuestión de gustos.

    Estas son algunhas das propostas do resto dos centros participantes. A verdade é que cada ano hai máis nivel e orixinalidade:











   Vídeo da montaxe da exposición que aparece no blog da microrrede: