Páginas

2 abr. 2017

EXPOSICIÓN "TITERITEANDO CONTOS"



      Como integrantes por primeiro ano da Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares, da que xa forman parte 14 centros da zona, pedimos a vosa colaboración para participar nun proxecto conxunto que leva consigo unha exposición final do traballo realizado polos diferentes centros escolares e que, no presente curso, leva por título “A Mariña con moito arte”  

  

    


 Como ben sabedes, o tema do noso proxecto anual versa sobre o teatro “Ábrese o telón!”, polo que decidimos centrarnos para este exposición na elaboración de títeres baixo o título de “Titeriteando contos”.

   

    



   O traballo colaborativo para realizar na casa coa axuda das familias consistirá en facer un monicreque, pero un monicreque moi especial. Trátase de imaxinar como sería un personaxe dun conto, que normanlmente vemos ilustrado nas páxinas desa historia, transformado en monicreque por nós mesmos. Nós diseñamos o títere: tipo, materiais, forma, tamaño... 

   A actividade explícase mediante unha nota informativa que vos enviaremos por medio das titorías na que se pide colaboracón voluntaria, acompañada desta folla con diferentes formatos de teatrillos para cumplimentar os datos requeridos: 







   Por se vos serve de axuda, nesta entrada aparecen algunhas fotos ou páxinas con algúns exemplos que vos poidan dar ideas:


-monicreques de calcetín  



 - monicreques de dedo con fieltro, goma eva, papel...














- monicreques de tela









-monicreques de man con guantes, fieltro, bolsas...



















- monicreques con material de refugallo









- monicreques con fíos
















páxinas interesantes: 

- Cómo facer títeres para nenos





- monicreques de man




- monicreques de bolsa





De seguro que a vós se vos ocorren moitas maneiras de facer títeres. Deixámolo á vosa imaxinación e creatividade.