Páginas

25 mar 2017

XA ESTAMOS EN SAMAÍN-HALLOWEEN





   Rapaces e rapazas, xa estamos no Samaín. Chegamos ao tempo de bruxas, cabazas, pantasmas, monstruos, morcegos..., que sorprendentemente decidiron escaparse por uns días das páxinas dos libros e quedarse na nosa biblioteca. 
    Libruxa está moi contenta porque, como ven sabedes, ela é unha bruxa, das boas, pero unha bruxa e eles son os seus amigos, pero non sei o que opinarán os nosos nenos e nenas desta escalofriante compañía.
     O medo será estas semanas o protagonista da nosa biblioteca e por iso Libruxa animou ás titoras e e titores que elaborasen co alumnado un tendal de personaxes terroríííííficos que coñecesen dos contos que lles gusta ler por estas datas e os levasen á biblioteca. Tamén houbo photocall e  a tradicional recolecta de cabazas.