
Entidades culturais, museos, institucións
e centros educativos de toda Galicia celebraron o 24 de Febreiro o Día de
Rosalía con diferentes actividades e actos que a recordaron como muller e como
escritora.
Este curso, como esta
data coincidiu coa celebración do Entroido nos coles, Libruxa propúxonos tres
actividades para recordar a súa figura e acercar a súa poesía aos nenos e nenas
do cole e nas cales nos meteremos de cheo á volta das vacacións e remataremos
coincidindo co día da poesía o día 21 de marzo.
Unha destas
actividades leva por nome "As
nosas Rosalías" e
consiste en facer diferentes collages cunha mesma imaxe da escritora. Este foi
o resultado.
Outra
proposta chamouse "Unha
poesía para Rosalía", na que tratamos de facer un correversos por todos os niveis do cole e
elaborar entre todos un poema para Rosalía.
A derradeira
actividade "Recitamos a
Rosalia", constistiu en facer un recitado dalgúns dos seus poemas na
biblioteca. Para isto cada curso elixiu un poema ou un fragmento dun poema para
lelo, coñecelo, sentilo e recitalo primeiro nas aulas, motivando ao alumando e
titores a xogar con eles e buscar as súas posibilidades expresivas e
creativas. Rematamos a semana do 21 de marzo como homenaxe á poesía cun
recitado de Rosalía na biblioteca.