Páginas

10 abr. 2014

FORMACIÓN DE USUARIOS

Actividade na biblio

Esta semana os nenos e nenas da clase caracol non fomos a biblio coma todas as semanas, tocaba "formación de usuarios" a cargo da profe Inma, encargada de que a nosa biblio funcione ás mil marabillas xunto co seu equipo.
Comezamos coa presentación formal de Libruxa. Xa a coñecíamos algo das visitas semanais que facemos, pero agora ademais sabemos como coida dos libros que están na súa biblio e como lle gusta que os nenos os traten.
Ensinounos cales son os libros que os nenos e nenas de infantil podemos ler, que están sinalados coa cor vermella. Explicounos que cada ciclo ten unha cor diferente nos libros que son adecuados para a súa idade. Tamén vimos a cor dos libros de consulta. 



Tivemos unhas clases teóricas e prácticas de como se debe tratar os libros, díxonos algunhas normas que se deben de cumplir nas bibliotecas. 
Tamén nos ensinou unha palabra moi técnica das biblios que son os tellolos que teñen todos os libros, o que nos indican e por que teñen diferentes cores.
Pero ademais Libruxa tíñanos unha sorpresa gardada,  un agasallo  pola nosa participación na actividade proposta pola biblio para o mes do amor que se basaba no binomio de Rodari.
Gracias a Libruxa e tamén a Inma pola clase que nos deu e que aproveitaremos todo o que poidamos.