Páginas

12 feb. 2014

EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Unha vez realizados os talleres de cerámica, podemos decir que foron todo un éxito. 
 En primeiro lugar darlles as grazas de todo corazón aos ceramistas, LUCÍA CATUXO, ESTÉFANO GUDÍN, MANOLO MIRANDA E PILAR REI, que se puxeron á nosa disposición e participaron nestes talleres de maneira totalmente altruista, achegando esta arte plástica a todo o noso alumnado que aproveitou, disfrutou e demostrou a súa destreza producindo un considerable número de pezas. Só piden que se repita pois foron demasiado curtos. 
Agora queda cocer as pezas que se mostraran nunha exposición que coincidirá coa celebración da SEMANA DA ARTE GALEGA NA MARIÑA. 
O alumnado de Infantil segue a traballar nos talleres de pintura e o resultado final tamén está relacionado coa cerámica, pois trasladarán o mural a un gran mosaico. Todo este traballo é levado a cabo polas titoras en colaboración co departamento de Arte do IES Monte Castelo. 
Sentímonos orgullos@s da axuda recibida, da participación dos nenos e das nenas e, desde logo tamén, dos resultados. Pretendemos a adquisición de habilidades na competencia cultural e artística como unha maneira máis de expresión.