Páginas

18 ene 2014

DÍA DA PAZ: ACHEGÁNDONOS A MADIBA

Este ano con motivo da celebración do 
DÍA DA PAZ 
traballaremos a figura de NELSON MANDELA.
Entre todo o centro elaboraremos un libro 
 "EU SON NELSON MANDELA" 
en tamaño A3, organizando o traballo da seguinte forma:

E.Infantil : realizará a portada e investigará onde naceu, como vivía, estudos...(situar o país no mapa, animais, tipo de casas, nome orixinal e posterior nome)

1º ciclo: a situación social dese momento en Sudáfrica

2º ciclo: a vida de Mandela no cárcere e a súa loita

3º ciclo: liña do tempo que recolla os feitos máis relevantes da súa vida. Frases célebres de Mandela.

A data límite de entrega dos traballos será o 28 de febreiro na biblioteca.


CELEBRACIÓN:

O día 30 celebraremos o Dia da Paz no centro, será despois do recreo na sala de usos múltiples. Cada curso explicará ao resto o seu traballo.

A continuación bailaremos/ escoitaremos a canción “Nkosi sikelel’iAfrika”

E xa por último, taller de bicos e apertas.



RECURSOS:

Libros: “Yo me llamo... Nelson Mandela”  e 
Mis cuentos africanos”

Recursos en inglés 

Para introducir o tema do Apartheid, desde o Ceip de Andrade comparten esta historia   O autobús de Rosa 

Películas: “Invictus”  e “Mandela: del mito al hombre” (estreno venres 17 xaneiro).


Aínda que non está relacionado con Mandela mirade este conto "Marce, o carteiro" que nos chega desde a biblio do Ceip Milladoiro de Malpica