Páginas

4 jun. 2013

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA




 O Ceip Plurilingüe VISTA ALEGRE súmase á celebración do día da ARTE GALEGA o día 1 de xuño conmemorando o nacemento do grande artista LUIS SEOANE.

Queremos fomentar a creación artística no noso alumnado, parécenos de suma importancia na súa formación. Por isto organizamos un taller a cargo do pintor local
FRANCISCO AMAT
 que nos ofreceu desinteresadamente a súa colaboración achegando os nenos e as nenas ao mundo da arte a través da pintura.

Todos quedaron moi orgullosos da súa pequeña grande obra de arte.
Nos próximos días poderedes ver todos os traballos na exposición que estamos organizando.