Páginas

23 ene 2013

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

Estamos de noraboa: a RAG (Real Academia Galega) elixiu a Fina Casalderrey como académica numeraria. Unha muller galega, escritora e mestra que nos achega historias coas que emocionarnos e disfrutar. No recién nacido club de lectura de 6º curso escollimos un dos seus moitos libros.

Desde a biblioteca mandámoslle os nosos parabéns.




"A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!"