Por fin a choiva deunos unha pequena tregua e puidemos facer a actividade de MADRIÑAS E PADRIÑOS. Todos eles tiñan máis que preparado o conto, moitos con material de apoio: peluches, debuxos, marionetas... AUTÉNTICOS CONTACONTOS.
É un pracer ver como estes padriños e madriñas acollen aos seus afillad@s e comprobar como fan o seu traballo con tanta responsabilidade. Unha actividade na que tod@s son protagonistas e naide queda fóra.