O pasado 6 de marzo o alumnado e profesorado do 2º e 3º ciclo de Primaria puidemos disfrutar na biblioteca co traballo de INACIO VILARIÑO. Rimos tanto que algúns case arrolan polo chan.
Contounos, entre outras, narracións do seu libro "FÁBULA GALÉNICA" que foi a obra gañadora do VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en modalidade infantil.
Todos léramos a obra que tamén gustou moito, " hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como animais".
Roberto, o neno máis lector do cole, trouxo o libro para que o autor llo asinara. Todo un luxo!
Mira este video a ver se recoñeces os personaxes do espectáculo de "Fantoches Baj" e escoita e baila o vals dos Deza de Moneixas arranxado por Carlos Quintá e tocado por Linho do Cuco.
fábula galénica from Fantoches Baj on Vimeo.