O luns 31 de xaneiro, conmemoramos no colexio o Día da Paz para o que se fixo un traballo previo de investigación na biblioteca escolar. O alumnado despois de escoitar ou ler contos relativos á Paz, tivo que responder a unhas preguntas alusivas a este tema e posteriormente descubrir a través dunhas pistas, pezas que posteriormente servirían para construir un puzzle. Ao mesmo tempo dende a clase de música e inglés preparouse a canción "Wind of change" do grupo Scorpions. Podedes ver o resultado no vídeo seguinte.