Biblioteca escolar do C.E.I.P Plurilingüe Vista Alegre de Burela.
Páginas
CLUB LECTURA
29 abr 2010
XABIER P. DOCAMPO, TODO UN PLACER
Unha das actividades programadas con motivo do DÍA DO LIBRO era a visita de
XAVIER P. DOCAMPO
, e hoxe estivo con nós.
Deixounos unha mensaxe moi clara:
LEMOS PARA PENSAR
. Contounos o conto de Carrapuchiña e foinos facendo preguntas sobre os feitos que pasan no conto, e así descubrimos moitas cousas nas que non nos fixáramos ata hoxe. Fíxoo dunha maneira moi divertida e rímonos un montón.
Díxonos que todas as historias que escribe, dalgunha maneira, son cousas que lle pasan a el; sempre leva un caderno no peto e vai anotando cousas que despois recolle nos seus libros. Sempre escribe en galego porque é a súa lingua, dixo, aínda que fala dúas ou tres máis. Así ten a riqueza de poder escoller no que quere falar.
Escribiu na libreta de convidados de Libruxa e tamén asinou o libro de BOLBORETAS.
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio