Páginas

5 jun 2025

OS CLÁSICOS EN PICTOS

    
                   CADA MES UN RETO! CADA MES UN CONTO! 
   
    As profes do Departamento de Orientación, xunto co seu alumnado, elaboraron ao longo do curso os diferentes contos clásicos dos retos en versión pictograma narrada coa voz deste alumnado. 

    Colocáronse nun póster interactivo onde íamos pulsando o botonciño e escoitábanse en audio as escenas que nós estabamos vendo en pictos. Foron rulando polas aulas nas horas de ler. Foi unha forma e unha versión diferente de coñecer os contos clásicos. 

   Ao final do curso, estes contos convertéronse nun libriño titulado "Contos á Vista. Versión Pictogramas", que agora está na nosa biblio para que os queira reler ou incluso inventar a súa propia versión....