RECOPILACIÓN DE RECURSOS PARA A PAZ elaborados polo equipo de biblioteca do CEIP VÍCTOR SAENZ (Mazaricos).
Grazas compañeiras por tan excelente traballo!
Contoume Libruxa que a biblio está moi animada estes días. Parece que os nenos e as nenas andan moi atarefados resolvendo as probas da CAZA DO TESOURO. O luns día 31 teñen que ter todas as pezas do crebacabezas!
28 ene 2011
24 ene 2011
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA

LIBRUXA tamén preparou unha CAZA DO TESOURO para que cada curso resolva as pistas que lles irá dicindo aos vosos profes. Na biblioteca atoparedes unha selección de libros e outros materiais que teredes que utilizar para logralo. Sorte!!!
18 ene 2011
BODEGÓNS
Dentro do proxecto COMER SA o alumnado de 3º e 4º curso estivo traballando sobre os bodegóns e deixáronnos esta mostra. Tamén poderás velos expostos no cole.
BODEGÓNS
View more presentations or Upload your own.
17 ene 2011
16 ene 2011
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
O soldadiño de chumbo
Unha adaptación do clásico de Andersen aos novos formatos dixitais levada a cabo por Xabier Senín a partires da multipremiada curtametraxe animada feita por Continental Producciones e Algarabía Animación. Os deseños son de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Manuel Manquiña e Luis Piedrahita. A ambientación: no museo do xoguete de Allariz.SORPRESAS NA BIBLIOTECA
Á volta das vacacións LIBRUXA deunos varias sorpresas.

A 1ª foi que a atopamos toda "repintada", con novas córes nas paredes. Está moi guapa.
A 2ª sorpresa foi para as colaboradoras e colaboradores; tíñalles preparadas unhas gorras para utilizaren cando fan o seu traballo.
E a 3ª e última
sorpresa foi

A 1ª foi que a atopamos toda "repintada", con novas córes nas paredes. Está moi guapa.
A 2ª sorpresa foi para as colaboradoras e colaboradores; tíñalles preparadas unhas gorras para utilizaren cando fan o seu traballo.
E a 3ª e última


que nos tiña preparados un montón de libros relacionados co proxecto COMER SA.
Así que nada máis chegar houbo que poñerse a traballar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)