Aquí tedes o 1º agasallo de Nadal. Por se queda no cole alguén que non coñeza o conto "OS TRES BANDIDOS"
20 dic 2010
17 dic 2010
REGÁLAME UN LIBRO....ou DOUS
Estamos desexando que cheguen as vacacións de NADAL. Como é unha época de agasallos, queremos dar unha pequena axuda á hora de facer as compras e recomendamos unha serie de libros que abarcan todas as idades e que nos farán disfrutar coa súa lectura. QUE MELLOR REGALO QUE UN LIBRO, QUE ME VAI PERMITIR VIVIR MOITAS VIDAS!
Abre o libro para ver a guía

9 dic 2010
10 de decembro DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Neste día celébrase o aniversario da DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS por parte de NACIÓNS UNIDAS.
Atoparás moitos recursos para traballar e saber máis destes dereitos que a todos e todas nos pertencen, neste enlace que te levará ao blog O RECANTO DE MIK
8 dic 2010
INFORME PISA
Queremos sumarnos ao debate e ás reflexións que debemos facer despois da publicación do informe Pisa. Reproducimos o publicado no blog AS ZOCAS FALADORAS co que coincidimos na totalidade
Reflexións sobre os datos PISA 2009, Bibliotecas Escolares e Ensino.
Onte publicáronse as conclusións das probas PISA do 2009: O alumnado galego mellora os seus resultados en comprensión lectora situándose por encima da media española –cinco puntos por encima da media e sete puntos máis adiante con respecto ao 2006- así mesmo progresa en competencia matemática (materia ata agora impartida en galego).
Estes datos lévannos a reflexionar sobre esta evolución que se relaciona directamente coa lingua e coa lectura; fálase de competencia lectora e ao tempo fálase das materias de lingua e literatura e ninguén menciona o labor levado adiante durante estes anos das Bibliotecas Escolares, ou citar os Clubs de lectura dos nosos centros de ensino, algo terán que ver con esta mellora, non si?

Desde o meu punto de vista é un labor día a día, lectura a lectura, o noso traballo non é estritamente académico e non por iso menos rigoroso, o alumnado acode a nós para ler e nós abrímoslles portas ao lecer mais tamén á información, a comprensión lingüística, a competencia lectora, a alfabetización…
Relacionado con estes datos de PISA está tamén o futuro do ensino: Son a lectura, a busca de información, a síntese e a análise dos textos o eixe central da aprendizaxe, unha aprendizaxe actual acorde cos novos medios de comunicación e as novas tecnoloxías?. Descartaremos por fin o libro de texto como único recurso e levaremos aos nosos alumnos ás biliotecas para consultas miquis, webs educativas, xornais

dixitais, blogs, bibliotecas virtuais?
Mellorarán entón os resultados do informe PISA?
Mellorarán entón os resultados do informe PISA?
2 dic 2010
FÁBULAS
As nenas e nenos de 4º de Primaria estiveron a traballar as fábulas.
Organizáronse en grupos e buscaron na biblioteca. Cada grupo escolleu unha fábula e este é o traballo que presentaron.
Non está mal, verdade?
Organizáronse en grupos e buscaron na biblioteca. Cada grupo escolleu unha fábula e este é o traballo que presentaron.
Non está mal, verdade?
3 DE DECEMBRO DIA DA DISCAPACIDADE
As compañeiras do CEIP de PAZOS e do CEIP A DOBLADA regaláronnos este precioso conto para que non esquezamos mirar con máis sensibilidade a aquelas persoas diferentes.
El Cazo de Lorenzo
View more presentations or Upload your own.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)