O xoves saímos de excursión. @s nen@s de 3º e 4º fomos de excursión e pasámolo fenomenal.
Primeiro visitamos a cerámica de Sargadelos e vimos todo o proceso para a fabricación das figuras e vaixelas.
Tamén en Sargadelos recorrimos o Paseo dos Enamorados. A presa estaba guapísima!.
Aproveitamos para visitar unha exposición dunha pintora de Burela que expoñía os seus cadros en Cervo.
E por último estivemos no museo do Mar en S. Cibrao. Como impresiona o esquelete da balea!!!
28 nov 2009
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Que ben o pasamos no magosto!.Antes do recreo tivemos diferentes talleres: decorado de bolsas, maquillaxe, pintura de murais...Despois do recreo fixemos moitos moitos xogos, e como iso da moita fame, COMEMOS AS CASTAÑAS! QUE BOAS ESTABAN!
27 nov 2009
PROXECTO EUROPEO COMENIUS

Pinchando encima da foto poderás ver o vídeo que resume a presentación do novo Proxecto Europeo concedido ao noso colexio. Leva por título: "The Olympic Spirit: The bridge between Comenius Friends". Os outros colexios europeos participantes son: GBS de Bosmier (Bélgica), Xghajra Primary School (Malta), Juantehtaan Koulu e Muuruveden Koulu (Finlandia). O acto de inauguración dos nosos mini Xogos Olímpicos tivo lugar o día 13 de novembro de 2009 e nel participaron os 211 alumnos, profesorado e persoal non docente. As familias invitadas ao acto participaron no exercico físico proposto ao final do evento.
25 nov 2009
25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA ÁS MULLERES

Todas as Bibliotecas Escolares de Galicia traballamos na sensibilización dos que mañá serán homes e mulleres. Temos a obriga de educar nos valores que axuden a crear os hábitos de respecto necesarios para poñer fin á VIOLENCIA; a calquera clase de violencia.
LIBRUXA da as grazas ás bibliotecas do IES Río Cabe e do CEIP de Pazos, así como a todas as demais, por facilitar e compartir todo o traballo que fan.
LIBRUXA da as grazas ás bibliotecas do IES Río Cabe e do CEIP de Pazos, así como a todas as demais, por facilitar e compartir todo o traballo que fan.
19 nov 2009
20 de novembro: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO MENIÑO E DA MENIÑA.
Proclamada pola Asemblea Xeral Das Nacións Unidas na súa resolución 1386 (XIV) de 20 de novembro do 1959.
Proclamada pola Asemblea Xeral Das Nacións Unidas na súa resolución 1386 (XIV) de 20 de novembro do 1959.
16 nov 2009
A QUE SABE A LÚA?
A QUE SABE A LÚA? é un dos contos que LIBRUXA recomenda.
Este traballo recollido na BIBLIOTECA DO COLE vaiche gustar
Este traballo recollido na BIBLIOTECA DO COLE vaiche gustar
15 nov 2009
25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
RECOMENDÁMOSCHE:
UNA FELIZ CATÁSTROFE
UNA FELIZ CATÁSTROFE
Conto para dialogar sobre a desigual distribución dos traballos eresponsabilidades entre homes e mulleres na vida cotiá.
ROSA CARAMELO

Conto para reflexionar sobre as actitudes discriminatorias coas nenas.
Cóntanos que as nenas e os nenos somos iguais.
Na biblioteca tamén atoparás libros relacionados co tema.
9 nov 2009
CELEBRAMOS O SAMAÍN
O venres 30 de outubro, o cole estivo moi tenebroso.
Había bruxas, esqueletes, morcegos, pantasmas e caveiras por todos os sitios.
Menos mal que rematamos bailando e cantando con todos eles a canción do SAMAÍN de Mamá Cabra.
Había bruxas, esqueletes, morcegos, pantasmas e caveiras por todos os sitios.
Menos mal que rematamos bailando e cantando con todos eles a canción do SAMAÍN de Mamá Cabra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)