Páginas

14 may 2023

CONXURO DA AUGA E POZO DOS MEDOS




    O Samaín é unha das primeiras actividades coas que arranca o curso e unha das que máis lles gusta ao noso alumnado. Dende os diferentes equipos do cole preparamos algunhas actividades conxuntas, xa tradicionais, como a comida terrorífica, e outras novas, seguindo a liña do lema das bibliotecas e do noso PDI: escribiremos un conxuro para a auga e tamén as familias colaborarán na realización de diferentes pozos dos medos, onde @s peques escribirán e botarán ao seu pozo os seus medos, para que desaparezan no fondo da auga.  



   Ademáis das actividades propostas para celebrar o Samaín, Libruxa enviou polas redes sociais a súa guía de lecturas terroríficas!!!!!! 



     E coa axuda dos voluntarios seleccionou algunhas recomendacións para o seu expositor temático: 


   En colaboración co equipo de extraescolares preparamos tamén o panel para este mes do medo: 



   - Tocado de bruxa: previamente ao 28 de outubro, o alumnado de todo o centro elaborou un tocado de gorro de bruxa con materiais plásticos de libre elección, o cal os nenos/as vestiron o día da celebración xunto con outros complementos que libremente puideron traer da súa casa.



- Pozo dos medos: Estamos no mes do medo, polo que a semana previa á celebración propúxoselle aos máis pequenos que, coa axuda das súas familias, elaboraran un pozo con materiais de reciclaxe e dentro destes depositaran algún papeliño no que plasmaran os seus medos, coa fin de facer aos nenos/as conscientes destes e compartilos cos seus compañeiros/as para aprender a auto-regulalos e controlalos. Esta actividade foi totalmente voluntaria e os alumnos/as que decidiron participar trouxeron os seus pozos ao centro para expoñelos polos corredores. 









- Talleres de bocadillos terroríficos: durante as tres primeiras sesións do día 28 de outubro os nenos/as do centro foron pasando por un espazo creado para realizar este taller, o cal foi posto en marcha polos/as especialistas do centro. O alumnado acudiu a este de xeito ordenado e por nivel para crear os seus “bocadillos terroríficos” co emprego de pan, queixo, xamón cocido e aceitunas.





    
- Conxuro da auga: entre os nenos/as de todo o centro levouse a cabo a creación dun conxuro nun correversos onde cada aula foi engadindo unha estrofa relacionada co animal e planta traballada na clase e que xa empeza a decorar as nosas portas, en relación co Proxecto Europeo “Biodiversidade, auga e consumo responsable”. Coas aportacións de todos conseguiuse o conxuro final, o cal se recitou durante a xornada do 28 de outubro despois do recreo, momento no que se reuniu o alumnado de todo o colexio no patio e varios representantes de cada aula foron recitando a súa parte e depositando un elemento significativo (previamente creado con materiais de refugallo) na nosa pota terrorífica.










             


     Aquí tedes tamén as entradas que se fixeron deste día nas redes sociais do cole. Aquí tamén podedes ver o conxuro da auga escrito para poder recitalo: 






PDI DO CENTRO: Auga, Biodiversidade e Consumo Responsable


 











     Antes de entrar de cheo no novo PDI, recordamos ao noso alumnado como rematou o anterior reto 4: "Reduce, Reuse and Recycle",comezando polo TETRIS CHALLENGE: 





    Nas nosas redes sociais tamén imos recordándolle á comunidade educativa o que foi e seguirá sendo o noso traballo neste PDI: 

       
RETO 5: 

       Ao longo do curso levaremos a cabo dous novos retos dentro do Proxecto Europeo "Friends For Our Planet" no que participa o noso cole e do que xa se realizaron 4 nos PDIs dos cursos anteriores: 
        Para este Reto 5 sobre a Biodiversidade, propoñémoslles ás familias crear unha "guía colaborativa de consellos" para ser respetuosos coa nosa contorna: 



      Colgamos na nosa páxina do centro, no apartado de Proxecto Europeo, recursos sobre biodiversidade que vos poden ser de utilidade para ir entrando en materia. Aquí vos deixamos a ligazón: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistaalegre/node/2044

  


  De todas as propostas de consellos, publicamos nas redes os 3 gañadores para darlle unha maior difusión: 

   Despois de escoller os 3 consellos que máis gustaron é hora de ilustralos para poder incluílos na guía de consellos que se fará entre todos os centros participantes: 



      E esta foi, uns meses despois o resultado final, xunto coas propostas dos restantes centros participantes:    
      
     
Ademáis, como proposta de traballo do noso PDI para a metade do curso, suxerimos investigar sobre a flora e a fauna da auga doce en Galicia e, finalmente presentar o resultado das nosas investigacións nun mural con fotos e códigos QR. O primeiro paso foi asignar un animal e unha pranta a cada clase para que puidesen, como cada ano,
DECORAR AS PORTAS, dando renda solta á nosa imaxinación e creatividade.




  


   No 1º trimestre tivemos a visita dunha representante de Sogama para falarnos da xestión sostible de residuos nos concellos: 








DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. COMEZAMOS!!!!




      Este é o lema das bibliotecas escolares para este novo curso que comeza 22-23: a biblioteca escolar como un lugar cheo de recursos e oportunidades para escribir, crear, imaxinar, expresarnos...
          Como sempre no día das bibliotecas escolares abrimos as portas da nosa biblio, un pouquiño cambiada co novo mobiliario que estivemos montando, e tamén comenzan a rodar as mochilas viaxeiras: 






   Mochilas viaxeiras colocadas para que o alumnado de cada clase as veña a buscar


   e o recanto do proxecto tamén preparado para ir medrando pouco a pouco con novos libros e paneis informativos....





          Este día entregámoslle tamén aos nosos compañeiros/as as propostas de actividades para o primeiro trimestre, resultado das reunións conxuntas d@s coordinador@s dos diferentes equipos para ir perfilando o PDI de centro: 

 
      E este día é cando tamén comeza Libruxa e o seu equipo unha nova andaina, presentando á comunidade educativa o seu proxecto para este ano, terceiro e último do Proxecto Europeo Erasmus+: "Auga, Biodiversidade e Consumo Responsable". Ademáis da esperada carta de Libruxa e Jan, os obxectivos do proxecto, a guía de lecturas que poden atopar na biblio sobre o tema e a proposta de itinerario lector, este curso quixemos implicar un pouquiño máis ás familias nunha actividade novidosa para nós, "As Rutas da Auga" pola nosa contorna, unha proposta de rutas de senderismo onde poder disfrutar da natureza, coñecer os ríos, fervenzas, pozos...da nosa zona e pasar tempo xuntos, en familia. Esperemos que teña unha boa acollida!!!!