Páginas

27 may 2026

OUTRAS VIAXES MOI INTERESANTES

 

     Na nosa aventura da aprendizaxe seguimos aprendendo xogando e divertíndonos. Así é máis fácil e motivador!!!





         Os profes tamén o pasamos ben en Polos creativos e os pequechos de 5 anos volveron visitar a aula de Polos para divertirse cos robots

      Este trimestre tamén tocou algunha saída moi interesante:


       O alumnado de 1º e 2º de primaria visitamos o parque ornitolóxico Avifauna para coñecer as aves do mundo e despois á área recreativa Penas de Rodas en Outeiro de Rei





        E tamén recibimos visitas de surfistas da man do Burela Surf Club que nos axudou a coñecer un pouco mellor este deporte ou gardas civís que nos falaron de ciberseguridade


       En marzo celebramos o Saint Patrick's Day e vestímonos de verde no cole

        e investigaron sobre os animais do mundo

        Achegándonos a Semana Santa, as profes de inglés prepararon unha Easter Hunt e tamén se levou a cabo un taller internivel entre 6º de primaria e 3 anos para diseñar ovos de pascua.