O Samaín é unha das primeiras actividades coas que arranca o curso e unha das que máis lles gusta ao noso alumnado. Dende os diferentes equipos do cole preparamos algunhas actividades conxuntas, xa tradicionais, como a comida terrorífica, e outras novas, seguindo a liña do lema das bibliotecas e do noso PDI: escribiremos un conxuro para a auga e tamén as familias colaborarán na realización de diferentes pozos dos medos, onde @s peques escribirán e botarán ao seu pozo os seus medos, para que desaparezan no fondo da auga.
Ademáis das actividades propostas para celebrar o Samaín, Libruxa enviou polas redes sociais a súa guía de lecturas terroríficas!!!!!!
En colaboración co equipo de extraescolares preparamos tamén o panel para este mes do medo:
- Tocado de bruxa: previamente
ao 28 de outubro, o alumnado de todo o centro elaborou un tocado de gorro de bruxa
con materiais plásticos de libre elección, o cal os nenos/as vestiron o día da
celebración xunto con outros complementos que libremente puideron traer da súa
casa.
- Pozo
dos medos: Estamos no mes do medo, polo que a semana previa á
celebración propúxoselle aos máis pequenos que, coa axuda das súas familias,
elaboraran un pozo con materiais de reciclaxe e dentro destes depositaran algún
papeliño no que plasmaran os seus medos, coa fin de facer aos nenos/as
conscientes destes e compartilos cos seus compañeiros/as para aprender a auto-regulalos e controlalos. Esta actividade foi totalmente voluntaria e os
alumnos/as que decidiron participar trouxeron os seus pozos ao centro para expoñelos polos corredores.
- Conxuro da auga: entre os nenos/as de todo o centro levouse a cabo a
creación dun conxuro nun correversos onde cada
aula foi engadindo unha estrofa relacionada co animal e planta traballada na clase e que xa empeza a decorar as nosas portas, en relación co Proxecto Europeo “Biodiversidade, auga e consumo
responsable”. Coas aportacións de todos conseguiuse o conxuro final, o cal
se recitou durante a xornada do 28 de outubro despois do recreo, momento no que
se reuniu o alumnado de todo o colexio no patio e varios representantes de cada
aula foron recitando a súa parte e depositando un elemento significativo
(previamente creado con materiais de refugallo) na nosa pota terrorífica.
Aquí tedes tamén as entradas que se fixeron deste día nas redes sociais do cole. Aquí tamén podedes ver o conxuro da auga escrito para poder recitalo: