Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas

25 may 2026

MAGOSTO: XOGOS DO MUNDO


    O 14 de novembro celebramos como todos os anos a nosa tradicional gincana do Magosto, nesta ocasión coa temática "Xogos polo Mundo": 15 xogos  para 28 equipos sobre temas viaxeiros representando aos diferentes continentes e a súa diversidade: o misterio do amazonas, atrapa o sombreiro, a torre de Pisa, Tower Bridge, a muralla china, loita de sumos, alcanzando o Everest, froitos de baobab, estatua da Liberdade, pesca no río Nilo, Camiño de Santiago, travesía polo Sáhara, asalto ao Machu Pichu e o tesouro de Giza. Todos eles, como non, coas castañas como protagonistas

     A colocación de cada xogo y as rotacións xa están organizadas: 

    



           Os diferentes xogos e equipos tamén distribuídos: 



          As pegatinas preparadas para recortar e entregar a cada alumn@: 



       Aquí tedes un pequeno resumo de como foi o día de celebración do magosto


     Tamén como sempre o alumnado puido degustar castañas xunto ás súas familias e grazas a colaboración da ANPA: 


      Foi unha xornada fantástica e divertímonos moito.










26 abr 2024

O MAGOSTO INVADE OS REINOS

 


       Os reinos ultiman todos xuntos a súa festa de magosto que celebraremos o 10 de novembro: 




   Previo a este día, fumos organizando unha serie de talleres para ter todo listo. Primeiro un taller internivel para elaborar as cestas para as castañas. Así que, distribuídos por distintas aulas os máis maiores dos reinos ensinaron aos peques a súa elaboración e explicáronlles a orixe do termo "magosto": 

 

   

















     
Tamén organizamos un taller coas familias para realizar unhas coroas de outono con follas secas que fumos recollendo no patio do cole: 



 




















    


   Finalmente, todo foi quedando preparado para o gran TORNEO DE REINOS!!!! Cada equipo tería un dorsal cunha palabra clave relacionada co proxecto






e estaría distribuído ao longo do torneo para ir selando o seu paso polas distintas estacións do torneo, 15 xogos con aires medievais guiados polas instruccións dos voluntarios de 6º:


   Nas nosas redes sociais publicamos un pequeno resumo e poderedes comprobasr o ben que o pasamos ese día: 



   Tamén recollimos a visita das familias para o taller de coroas: 

Preme na foto


17 may 2023

CHEGA O MAGOSTO


     Vai chegando o frío, o tempo de coller os abrigos, do gusto de sentir a calorciña do lume...Vai chegando o tempo de asar as castañas e celebrar o Magosto, como todos os cursos, no noso cole. Este curso gustaríanos contar coa colaboración das familias para realizar un taller de elaboración das cestiñas/cucuruchos onde o alumnado recollerá as súas castañas: 


   A verdade é que foi todo un éxito de asistencia e quedamos encantad@s, sobre todo @s peques que disfrutaron de cheo con esta actividade: 








     Despois do taller, todo o alumnado visitou, como sempre, ao asador de castañas acompañados dun grupo de gaitas da Asociación Cultural "Ledicia" de Burela. Tamén contamos coa colaboración da ANPA para a compra e a pela das castañas. Logo toda a comunidade educativa puido degustar estes froitos tan típicos do outono, xunto con bolos preñados. 

















   Para rematar esta xornada, organizáronse algúns xogos populares e obradoiros para o alumnado de primaria, sendo a castaña a protagonista dos mesmos. Despois de seleccionar os xogos que máis nos gustaron, ao longo das semanas anteriores, fumos elaborando nas titorías o material que necesitábamos para os diferentes xogos con elementos de refugallo e castañas. 
    












   Para @s peques de Educación Infantil puxéronse en marcha tres obradoiros: un pintacaras, a creación dun mural de outono e un contacontos na biblioteca: 







    Como non podía ser doutra maneira, tamén fixemos partícipes a toda a nosa comunidade de seguidores do noso día de magosto: 



 Así foron as actividades no edificio 2: 


   E así foron os xogos no pavillón Vista Alegre para o alumnado do edificio 1: