Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta traballos alumnado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traballos alumnado. Mostrar todas las entradas

2 jul 2013

A CEBRA CAMILA

Os nenos e as nenas de infantil de 4 anos estiveron traballando o conto da CEBRA CAMILA e así o presentaron no KAMISHIBAI.
E con este traballo despedimos o curso e faremos un merecido descanso. Non esquezades que na páxina web do cole atoparedes os traballos que os diferentes cursos fixeron con motivo do Proxecto Europeo así como outras informacións de interese. 
MOI BO VERÁN!!!!

27 abr 2013

MICHAEL CHUMACERO, premiado o seu texto

Desde a biblioteca os nosos PARABÉNS a MICHAEL CHUMACERO, alumno de 6º polo seu premio na categoría infantil do III CONCURSO DE RELATOS CORTOS "Lee, escribe ...¡Entrena tu mente!" convocado pola LNFS en colaboración coa editorial SM e no que participaron nenos e nenas de todos os rincóns de España.
Estamos orgullosas do noso alumnado, non só cando acadan premios, senon pola súa participación e implicación nas actividades organizadas por LIBRUXA.

29 feb 2012

E SEGUIMOS VENDO NENOS E NENAS A TRABALLAR NA BIBLIO




Neste caso é o alumnado de 3º o que está todo afanado traballando na biblioteca. Estiveron facendo Formación de Usuarios polo que xa son bibliotecari@s con experiencia.
Nestes días tamén os vimos manexar moitos libros relacionados co espacio. Contaron que estaban a facer un traballo sobre ese tema e tiñan que buscar información nos libros e nos ordenadores.

2 dic 2010

FÁBULAS

As nenas e nenos de 4º de Primaria estiveron a traballar as fábulas.
Organizáronse en grupos e buscaron na biblioteca. Cada grupo escolleu unha fábula e este é o traballo que presentaron.
Non está mal, verdade?