Páginas

10 jun 2020

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN















   Libruxa xa está pensando en tomar un pequeno descansiño deste remate de curso tan solitario e extraño. A verdade é que se lle fixeron moi longos estes meses sen ver aos seus nen@s e espera que o vindeiro curso os poida ver facendo moitas actividades na biblioteca e divertíndose con todas as súas lecturas. 
   Para que desfrutedes do verán, aquí vos deixa unhas pequenas recomendacións lectoras que espera vos acompañen no tempo de vacacións. Lembrade: No verán, un libro na man!

  Este curso que remata foi diferente para tod@s, alumnado, familias e mestres, e continuamos con moitas incertidumbres para o vindeiro. O verán achégase e os peques necesitan descansar, relaxarse e divertirse, pero recórdavos Libruxa que sempre tendo en conta as medidas de protección pertinentes. 

    A modo de despedida, as bibliotecas escolares que formamos parte da Microrrede PLAMBE da Mariña realizamos dous booktubers con recomendacións lectoras para o verán: unha para infantil e primaria e outra para lectores máis avanzados: 

    



  Agora en xuño, cando estamos preparando o material que quedou na aula para entregarlle ás familias, caímos na conta que nas casas quedaran moitos libros en préstamo ao pechar os coles e as bibliotecas escolares de forma tan precipitada.
      Por seguridade, dende o equipo de biblioteca propuxemos seguir estas instruccións para a devolución dos libros quedaron nas casas en préstamo durante o confimamento:



          moi boas vacacións e moitas lecturas refrescantes



POR UN PLANETA MÁIS SAN



  O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, o que nos brinda a oportunidade de facer medrar a nosa conciencia crítica no sentido de responsabilidade en canto á conservación e a mellora do medio no que vivimos. 
   Este ano céntrase na biodiversidade, moi relacionado co noso proxecto de centro, e uns días despois, o 8 de xuño, celébrase o Día Mundial dos Océanos.  Os ecosistemas dependen de todas as partes. Todo está interconectado. Algúns producen osíxeno que outros respiran, outros proporcionan alimento a especies máis grandes, que á súa vez, se convirten en presas de especies aínda máis grandes. Cada organismo vivo desempeña un papel para manter un equilibrio que os seres humanos estamos rompendo: 


  

    Que mellor maneira de crear conciencia nos nosos peques que a través de pequenas accións, como limpeza de áreas forestais ou ir recollendo o lixo das nosas praias.
    Libruxa propónvos, que agora que podemos saír un pouquiño do noso confinamento, adicarlle un pouquiño do noso tempo a limpar o lixo que o mar deixou e que se non retiramos, o mar volverá a levar para outro sitio. Ademáis de quitarlle ao mar un pouco da porquería que leva, tamén nos axuda a ser máis conscientes do que estamos a facer coa natureza, do que consumimos...e a seguir reflexionando sobre o que estivemos traballando este curso co noso PDI "Miramos polo noso mar"

    A natureza, os océanos, a biodiversidade, os ecosistemas ofrecen infinitas oportunidades de aprendizaxe aos peques, polo que unha moi boa maneira de concienciar é a través das lecturas. Por iso, queremos compartir aquí unha pequena selección de libros que vos poden servir para profundizar máis no coñecemento e conservación do mundo que nos rodea:



   Interesante botarlle unha ollada ao BOOKTRAILER do libro editado en portugués, Plasticus Maritumus, uma especie invasora, de Ana Pego, que aparece en Kalandraka TV: