Páginas

27 may 2023

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 


       O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, e nós celebramos as nosas festas patronais no pobo. Quixemos conmemorar ambas cousas a través do arte efímero das alfombras florais  e colaborar coa asociación encargada da súa organización.

     Este ano as alfombras están adicadas á INTERCULTURALIDADE e ás diferentes nacionalidades que hai en Burela. Que mellor xeito de facer consciente ao noso alumnado desta variedade étnica, racial e cultural, que tamén ven no propio cole, que participar elaborando un cachiño de alfombra coas diferentes bandeiras de todas esas nacionalidades.

    Así quedou a distribución das clases para comezar coa elaboración a última semana de maio. Para iso tamén pedimos a colaboración das familias aportando diversas flores, verde, elementos da natureza....

       


    Do mesmo xeito, aproveitamos que o concello veu cortar ciprés ao noso cole para que nos deixara un pouco e así poder nós colaborar "cortando no verde", como decimos por aquí. Pasárono xenial no medio das ramas elexindo as follas verdes, cortando, barrendo, colocando nas caixas....


    Xa vos iremos amosando como van saíndo as nosas bandeiras efímeras!!!

    Imos tendo xa algunhas mostras....

     






    
    O día 1 de xuño, o alumnado de 5º de Primaria compartiu unha xornada cos seus compañeir@s do CEIP Virxe do Carme e, en colaboración con medio ambiente, do Concello de Burela, limparon unha praia da contorna, enchendo varios sacos de lixo. Unha fermosa xornada de limpeza e convivencia.





21 may 2023

LETRAS GALEGAS: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO


     Como ven sabedes, a Real Academia Galega adícalle este ano as Letras Galegas ao escritor e intelectual Francisco Fernández del Riego, loitador cultural incansable e comprometido coa lingua e a literatura galegas. 

      Aquí vos deixamos uns vídeos que ofrece a RAG para coñecer un pouquiño mellor a este intelectual nacido en Lourenzá: 

  

       Dende o cole, quixemos homenaxear non só a figura de Fernández del Riego, se non tamén recordar as figuras de diferentes escritores e escritoras aos que en anos anteriores se lles adicou tamén o día das Letras Galegas. 

      O alumnado de 5º de Primaria foi atopando pistas no seu patio sobre un personaxe galego moi especial que despois foi compartindo con nós. Sabedes de quen se trata?

      

      
      Pouco a pouco fumos creando un mural no que deixamos os nosos "sorbos literarios" con fragmentos das obras do autor/a que eleximos para investigar na clase e así, ao longo destes días iremos lendo aqueles sorbos que o resto do alumnado foi escollendo.
   
             Estes son os autores que eleximos nas diferentes aulas: 


















        E este é o resultado final, xa con todos os retratos, elaborados con diferentes técnicas, e os sorbos de lectura preparados para se lidos polos nosos nenos e nenas durante a semana do 22 ao 25 de maio: 




       Podedes escanear este código QR para ver o reel que se publicou o 17 de maio nas redes sociais: 

    Cada clase baixou ler eses pequenos sorbos literarios: 





   Ademáis desta actividade que fumos preparando nas aulas ao longo deste mes, non podían faltar os PADRIÑOS E MADRIÑAS. Os máis maiores están desexando compartir lecturas cos máis pequenos e Libruxa xa ten as parellas de lectura preparadas para repartir. 
  Como o alumnado de 6º de Primaria se atopaba en Bélxica na semana das letras, tivemos que postpoñer estas actividades para a semana do 22 ao 26 de maio. 









    Tamén quedou recollido nas nosas redes sociais: 

   

     Como foi posposto polo mal tempo, o día 30 de maio fumos co grupo de 1º de Primaria ao Correlingua 2023 en Lourenzá, terra de Fernández del Riego. 


DIA DE EUROPA



   O 9 de maio celebramos o Día de Europa cunha visita moi especial, os EMBAIXADORES JUNIOR do IES Monte Castelo, que están a participar no Proxecto Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo: Cecilia Anello, Mateo Díaz, Lucía Murados, Sergio Romero e Ester Riveira. Elaboraron diversos pasatempos que, a modo de retos, lles permitiron coñecer ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria qué países integran a Unión Europea. 

  Na súa publicación de Instagram recolleron un breve resumo desta xornada: 








     

COMENZANDO COS POLOS CREATIVOS


 

      Despois de que nos chegase o material e estar case todo o curso acondicionando as dúas aulas que o cole vai usar para os "Polos Creativos": unha destinada a STEAM e outra onde estará todo o relacionado con audiovisuais, impresión 3D, radio na biblio....o profesorado comeza este trimestre a formarse nos diferentes "polos" e o alumnado a achegarse nunha primeira toma de contacto cos xogos e diferentes materiais que poderán atopar neles. 

      Ata o momento só temos ben acondicionada a aula de STEAM, polo que a aula onde estaría a Radio na Biblio (que tivemos que desmontar para facer as obras pertinentes), o croma, impresión, cortadora....aínda está, poderíamos dicir, "en proceso"....

       Os polos creativos ábrennos as portas a diferentes retos que pouco a pouco temos que ir asumindo no noso día a día do proceso de ensinanza-aprendizaxe. 

        O alumnado de 2º elaborou unhas chapas sobre os oficios para preparar unha exposición do que queren ser de maiores: 


   
     @s nen@s de 1º de Primaria foron coñecer os diferentes legos, mecanos e outros xogos que estarán á súa disposición: 

     









   Nas nosas "stories" en Instagram queda un pouco recollidas estas primeiras tomas de contacto: