Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

8 may 2025

XANEIRO: O XIGANTE EGOÍSTA


        Comeza un novo mes e toca un novo Consello de Contos para presentar o reto de xaneiro. Libruxa convoca aos representantes de cada clase á biblioteca para explicarlles en que consiste. 





   Libruxa proponnos crear un "Xardín da Paz" enchendo o xardín nevado do xigante egoísta con diferentes flores cheas de mensaxes de paz. Cada clase terá que diseñar e elaborar unha flor mooooi creativa!!!
           - Conto elexido para traballar este mes: O xigante egoísta.

       -  Obxecto máxico: unha folerpa e unha flor

          - Reto final: Compartimos

   Unha persoa egogísta só pensa en sí mesma e no seu benestar. Para conmemorar o Dia da Paz traballaremos o contrario: Como podemos ser persoas altruistas, solidarias e xenerosas cos demais? 

   Este foi o espectacular resultado: 



   





     Ademáis, como colofón, o día 31 de xaneiro celebramos no cole a III edición da carreira solidaria a favor de Save the Children: 





30 abr 2024

CARTA MAGNA POLA PAZ, CARREIRA SOLIDARIA E UN PEQUENO CONTACONTOS


    Ímonos preparando para elaborar a Carta Magna pola Paz e xa cada reino elexiu o valor que quería representar e escribiu un dereito/deber pola boa convivencia.  Xa está todo listo!!!!!




   Reto conseguido!!!! Agora queda darlle forma...


      Dende a Radio Vistalegrín, representantes dos reinos gravarán os dereitos e deberes incluídos nesta Carta Magna para de agora en diante, toda a comunidade educativa estea informada e poda cumplilos. 


   
   Ademáis, organizamos unha carreira solidaria "Save the Children" e recaudar fondos para esta organización, á cal tamén invitamos aos pequechos da Escola Infantil para correr con nós e ás familias para darnos ánimos detrais das vallas. 

 






   Foi todo un éxito e así quedou reflectido nas nosas redes sociais: 


   


    Tamén, o alumnado voluntario da biblio estivo ao longo deste mes de xaneiro preparando un pequeno teatriño de marionetas sobre o libro "Leonor e a pomba da paz" para facer algunha animación tanto á Escola Infantil A Galiña Azul coma aos peques de Infantil do noso cole. 
    Eles mesmo se encargaron de elaborar as marionetas, ensaiar nos recreos libres, e axudaron a reescribir o conto en formato teatral!!!




Leonor e a Pomba Da Paz Texto by Nazareth


   

17 may 2023

VOLTAMOS DE VACACIÓNS: NOVAS PROPOSTAS

 


   Despois do merecido descanso de Nadal, voltamos coas forzas renovadas e novas propostas de actividades para este 2º trimestre. Son moitas e variadas, polo que as fumos dividindo nos diferentes ciclos. 



   Imos pouquiño a pouco e empezamos polo Día da Non Violencia e a Paz, que este curso decidimos celebralo a nivel de aula a través de lecturas propostas por Libruxa na sección de "espazo temático" da biblio, onde todo o alumnado poderá atopar recursos sobre este tema para todos os niveis e necesidades. 

    Logo, @s nen@s dos diferentes niveis fixeron varios murais reivindicativos cos diversos símbolos da paz. 







13 feb 2022

PLUMAS POLA PAZ


          Plumas por un planeta limpo, sen contaminación; plumas polo restecto á natureza, ao coidado dos nosos montes; plumas pola cocienciación medioambiental, en definitiva, plumas pola vida. 




   Ademáis, contamos coa colaboración de André, profe de música, xunto con Marcos e Veróncia, profes de inglés, para versionar a canción "Imagine" dos Beatles, nun "Imagine medioambiental" moi especial, xa que está cantada polos nenos e nenas do cole. 


10 abr 2021

SCRABBLE DA PAZ

 



  Seguimos co noso particular Camiño, nesta ocasión polas verbas sobre a paz. Á volta das vacacións de Nadal todas as clases fixemos un braimstorming para recopilar palabras relacionadas con este tema e así poder crear o noso scrabble compostelano e xogar. Antes, ao longo da primeira semana e coa axuda do expositor temático sobre a paz, as diferentes clases puideron ler libros sobre esta temática. 

  Libruxa deixou nos buzóns das diferentes titorías a habitual carta informativa: 

Dia da Paz 2021 by Nazareth

  Entregáronse unha cunchas nas que tivemos que pegar as letras da palabra asignada para despois por cursos ir completando en formato mural o scrabble compostelano ao longo da semana previa. Despois colgarase no corredor do cole. 



  Finalmente, ese día o scrabble podémolo facer na clase ben en formato papel: 

Scrabble Da Paz by Nazareth

ou ben de xeito interactivo (clicar SCRABBLE DA PAZ INTERACTIVO). Para facelo máis accesible a todo o alumnado do cole, gravamos audios coas definicións das palabras feitas polos nen@s de xeito espontáneo, coas súas propias palabras. 

  Animavosvos a que completes o scrabble interactivo clicando á esquerda da presentación, sobre a pomba negra e a que visualicedes a actividade: 


25 mar 2020

MENSAXE NUNHA BOTELLA

  
           





     Como todos os anos celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz, intentando relacionalo sempre co proxecto de centro e, neste caso, a través dunha pequena acción para loitar contra o cambio climático.
      
   Libruxa preparou o expositor temático con lecturas pola paz: 
       


  e enviou unha nova carta aos seus buzóns coa actividade proposta para celebrar este día: 

Carta Día Paz by Nazareth on Scribd

    A súa proposta titúlase "mensaxes nunha botella" e trátase de mensaxes que irá traendo o mar enganchados nas redes do barco. O alumnado terá que reciclar algunhas botellas de plástico e escribir nun papel decorado diferentes mensaxes de concienciación do uso dos plásticos, dos carburantes...xa que todo, en difinitiva, vai parar ao mar. 







    Este mes, o 17 de xaneiro, os maiores, coma todos os anos, tamén foron á Casa da Cultura do Concello ver a obra de Teatro Interactivo en Inglés, da compañía Face to Face, titulada "Unboxing Alice": 






  

21 abr 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ: CONTRA O MALTRATO ANIMAL

 



















     Como todos os anos, celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Libruxa prepara o seu expositor temático con suxerencias de lecturas para estes días:




         E tamén envía unha nova carta coa proposta da biblio para conmemorar este día:




        Apareceron neste mes os ecobanderíns en rima para a nova etapa do noso proxecto: as árbores autócotonas dos nosos montes, polo que tamén falamos do respeto e coidado cara ás nosas plantas:

             


  Libruxa tamén propuxo unha tarefa moi especial: construír un muro verde contra o maltrato animal. Seguindo na liña do noso proxecto de centro a actividade pretende concienciar aos nenos e nenas de cara á violencia contra os animais, tema traballado nas aulas ao longo de todo o mes de xaneiro e cuxa tarefa final son as mensaxes que ao longo dese día se foron pegando no muro verde da paz. 

     Para prepararnos no tema e ver que é unha realidade que non está tan lonxe de nós, propuxémoslle ás persoas voluntarias da protectora de animais municipal, "bigotes", que nos viñesen dar unha charla sobre o abandono dos animais, os coidados que requiren, o traballo que realizan elas na perrera....Ao mesmo tempo coñecimos as historias dalgúns dos canciños e gatiños que estiveron ou aínda están alí, e que fixeron emocionar a non poucos nen@s e profes tamén.



   Foi unha experiencia que de verdade mereceu a pena, xa que moitos nen@s non sabían nin da súa existencia, ou a posibilidade de adoptal algúns dos animais que alí viven:








  Tamén concienciamos ao noso alumnado sobre este tema a través de diferentes contos. "Érase unha vez....o respeto polos animais"







     Despois de documentarnos sobre o tema, así foron quedando as nosas mensaxes no muro verde:


























 
    Ademáis ese día saímos ao patio a cantar a canción de Roberto Carlos, "Yo quisiera ser civilizado como los animales":


Tamén propoñemos unha serie de recursos de UNICEF con actividades sobre o día da paz para traballar nas aulas: