Páginas

27 may 2018

25 ANOS DAS ALFOMBRAS FLORAIS


                                                                       


   Como xa mencionamos na entrada adicada á exposición da Microrrede PLAMBE, "A Mariña pensando en Feminino", este curso a nosa parte da exposición estivo adicada ao traballo e esforzo da muller na organización e elaboración das alfombras florais. 

     Este ano celébrase o 25 aniversario deste tapiz floral tal e como se elabora actualmente, e dende o cole, aproveitamos este traballo das bibliotecas escolares para que coa colaboración das familias e os nen@s puidesen rendir a súa pequena homenaxe ao esforzo e traballo de tantos anos na elaboración deste tipo de arte efímero. 

    Grazas á colaboración do Concello e das persoas da organización das alfombras, os traballos das familias en forma de collage, así como as pequenas alfombras que se elaboraron nas clases de plástica das distintas titorías, formarán parte dos actos para conmemorar esta data tan significativa e que se inaugura o domingo 27 de maio. 

     Poderán vela na sala de exposicións da planta baixa da Casa da Cultura dende o 25 de maio ata pasadas as festas e comprobarán como as xentes de Burela entenden, viven e manteñen esta tradición que xa forma parte da cultura mariñana. 

  







   Estas son algunhas das aportacións das familias ao seu sentir sobre as alfombras florais:



























 Avance dos actos na prensa:

 El Progreso dixital: "Varios actos recordarán los 25 años de las alfombras florales de Burela"

 El Progreso (24/maio/2018)



26 may 2018

MES DAS LETRAS: VISÍTANOS IAGO LÓPEZ


  Este venres, 25 de maio, visitou unha vez máis a nosa biblioteca Iago López, que xa coñecíamos por O cociñeiro Martiño, unha historia que nos encantou o curso pasado. 

   Gústanos como escribe, pero ademáis é un excelente contacontos, coa súa peculiar voz que deixa aos máis pequenos engaiolados pendentes do que está narrando. 


    Nesta ocasión, aproveitando que ainda estamos no mes das Letras Galegas, contoulles aos nen@s de 3, 4 e 5 anos unha pequena historia de María Victoria Moreno, "un cachiño de bica".  Mentres o protagonista come só nun restaurante, saen letras dunha cunca para compoñer a historia de amizade entre o neno Iván e a súa cadeliña Nica.

BOTÓNS, PORTAL GALEGO DE EDUCACIÓN: "Os cachorros de María Victoria Moreno" (pdf)



    















 Para os nen@s de 1º e 2º reservou unha historia que estiveron lendo estes días na hora de ler: "Axente Riciños" de El Hematocrítico. Riciños de Ouro vive no bosque dos contos e é unha nena moi espelida que se converte nunha superheroína axudando á policía a desfacerse dos personaxes malvados. 

     Desfrutaron e riron un bo cacho coa súa especial maneira de contar, coa axuda dunha lupa, unha mazá e unha bucina...os nen@s montaron en bici e pasearon polo bosque dos contos como fixo a Axente Riciños axudándoa a evitar que os malos se saian coa súa. 











   

LETRAS GALEGAS: LITERATURA, MÚSICA E TRADICIÓN



  A Real Academia Galega conmemora un ano máis o 17 de maio o día das Letras Galegas, este ano adicado a María Victoria Moreno.

  Preparamos o mural para ambientar o hall da biblioteca, ademais de renovar o expositor coas súas obras:




   Algunhas das obras que se leron nas aulas e nas sesións da biblioteca sobre esta autora:










   Aquí vos deixamos tamén información sobre a autora para poder traballar sobre a mesma e as súas obras ao longo deste mes: 

CULTURA DE GALICIA. DINAMIZACIÓN DE LA CULTURA. XUNTA DE GALICIA de onde sacamos os seguintes pdf: 







   Ademáis, para conmemorar este día, no mes de maio quixemos preparar unha serie de actividades  relacionadas coa literatura, a música, e as tradicións para achegar o noso alumnado un pouco á cultura tradional galega

  - Coa colaboración da ANPA do cole, puidemos disfrutar dos coñecementos dunha parella de Foz que lles contou aos nen@s cómo eran os traxes tradicionais galegos que levaban as mulleres nun día de faena, un día de feira, o domingo de misa, ou vestidas de noiva; o tipo de telas e complementos que se puñan e que puideron ver e tocar e quedaron moi sorprendidos, xa que para eles é algo que lles queda bastante lonxano. Tamén lles ensinaron diferentes instrumentos musicais tradicionais que acompañaron con cancións populares galegas das que disfrutamos moitísimo.










  - Outra das actividades favoritas dos nosos nen@s é a de "padriños e madriñas", que están esperando con moitas ganas, xa que aos maiores lles encanta encargarse de lerlle historias aos máis pequenos do cole. 
   Este curso celebrarémolo o día 31 de maio e como agasallo os nen@s de Educación Infantil daránlles un marcapáxinas personalizado, e @s de Educación Primaria un marcapáxinas de María Victoria Moreno cunha dedicatoria no reverso: 




   Esperemos que o tempo acompañe: 





"MULLER E TRADICIÓN: AS ALFOMBRAS FLORAIS" EN VIVEIRO



                                                  MONTAXE DA EXPOSICIÓN

     Estase achegando o momento da exposición, e na tarde do venres día 4 de maio, os equipos dos diferentes centros que conforman a microrrede adícanse a preparar a súa parte da exposición deste curso en Viveiro. 








































DÍA DA INAUGURACIÓN: luns 7 de maio


















   Chegou por fin o gran día. Despois do traballo da montaxe todo está listo e a praza chea de familias dos diferentes centros, así como de diferentes autoridades que quixeron compartir con nós este día:

    Xefa territorial de Educación: Mariña Gueimunde.
    Asesora das Bibliotecas Escolares, zona norte: Chelo Guntín.
    Representante do Equipo de Dinamizacións Lingüística: Pilar Teijeiro
    Alcaldesa de Viveiro: María Loureiro

   No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo deste acto: discurso inaugural, actuación do coro formado por uns 160 nen@s de diferentes centros; lectura dun manifesto a cargo da súa autora, Andrea Rivas e rematando coa actuación de Guadi Galego e a performance de LAG na canción de Matriarcas.

  
   


     NOTICIAS NA PRENSA:

   

   O mércores día 9 tivo lugar unha actividade dinamizadora relacionada co TEATRO!!!  ADALA TEATRO, unha compañía de teatro infantil de Fazouro formada por 10 nen@s representaron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a obra: Mamasiña, que medo!, de Chus Pereiro. 


   Os nen@s e as súas familias disfrutraron dunha gran representación a cargo duns excepcionais artistas!!




  




















 
DÍA DA CLAUSURA: 10 de maio

   O xoves pola tarde tivo lugar o acto de clausura da exposición. As mestras de ceremonias fixeron a lectura da clausura e presentaron as diferentes actividades dinamizadoras, agradeceron  tanto ás familias participantes a realización dos fantásticos traballos presentados en todos os centros como a  presenza das diferentes autoridades. Neste caso, 

   A inspectora Nazaret Guerreiro.
   O inspector Faustino Martín.
   A asesora das Bibliotecas Escolares da zona norte, Chelo Guntín.
 



 
   As actividades dinamizadoras durante este acto foron a actuación do coro formado por alumnado de educación infantil, 1º e 2º de Primaira dos distintos centros, actuación das Moreninhas, Érica Gomes Mendes, Raquel Lopes Ramos e Eliane Tavares Mendes, tres rapazas caboverdianas afincadas en Burela, o encontro coa escritora Rita Morrigan e a visita da escritora Olalla Cociña 













   O noso proxecto tivo bastante repercusión na prensa da zona da Mariña: 

Dende un vídeo en La Voz de Galicia,



 A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO (La Voz de Galicia) 




 
El Progreso (04/05/2018)
 
El Progreso (05/05/2018) 

 
 La Voz de Galicia (07/05/2018)

El Progreso (08/05/2018) 

 La Voz de Galicia (08/05/2018)

 La Voz de Galicia (11/05/2018)
La Voz de Galicia (11/05/2018)