Páginas

2 dic 2020

AS VERBAS DO CAMIÑO: NOVEMBRO


    Seguimos co camiño de verbas, recuperando ou rememorando palabras da nosa lingua que nos gustan, que xa non empregamos, que nos soan ben... As verbas recuperadas para o mes de novembro son:

28 nov 2020

3 DE DECEMBRO: XUNT@S IMOS POLO BO CAMIÑO

 

  

    Unha parada máis no noso camiño baixo o lema da campaña deste ano "Un día para tod@s", co que se quere facer ver a (dis)capacidade como parte da condición humán, xa que en calquera momento das nosas vidas podemos experimentar unha discapacidade, temporal ou permanente. 

    Esta é a nosa proposta, e contamos coa profe Patri, de audición e linguaxe, que se brindou a axudarnos na súa preparación:    

Día Das Persoas Con Discapa... by Nazareth

Ao longo da primeira semana de decembro iremos visualizando estes cortos que nos pareceron preciosos e significativos en canto á temática proposta. O primeiro deles é "Tamara", o soño dunha nena por bailar a pesar das súas circunstancias especiais:  
 O segundo titúlase "Ian", si queres xogar e non che deixan, si queres ser parte e non pode, si che fan sentir diferente, qué farías? (fundación Ian: https://fundacionian.org.ar/)

  Este foi o resultado da nosa práctica: 

22 nov 2020

25 DE NOVEMBRO: ONDE ESTÁ A DIFERENZA?

 
   O vindeiro 25 de novembro é o día internacional de loita contra a violencia de xénero que nós, como educadores, debemos ter presente todos os días, xa que nas nosas mans están nen@s inocentes, futuros homes e mulleres, que merecen unha boa coeducación, unha educación en igualdade para que tomen conciencia da importancia que ten a igualdade de xénero. 

  Por esta razón, nos facemos esta pregunta: Onde está a diferenza? Para responder a esta pregunta estamos a realizar nas nosas aulas e coa axuda dos libros expostos na biblioteca unha actividade para a que dende logo non van a facer falta palabras, falará a través das imaxes e coa que pretendemos deconstruír a imaxe preconcebida que temos do xénero e facerlle ver aos máis pequenos que o que somos e o que valemos está dentro de nós mesmos, independentemente si somos masculino ou feminino. 

Día contra a Violencia de X... by Nazareth

   O noso expositor temático xa está listo na biblio para ir lendo ao longo desta semana: 



     Este foi o resultado das nosas montaxes: 


DÍA DA INFANCIA E OS DEREITOS D@S NEN@S

 












   Este pasado 20 de novembro quixemos adicar as nosas aulas aos dereitos e deberes da infancia, que @s nen@s coñecesen os seus dereitos e entendesen que non sempre son respetados en todos os lugares do mundo e que hai moooitos nen@s da súa idade que, por desgracia, se atopan en peor situación que a súa, de total desamparo por mor das guerras, da pobreza, da emigración, das ineficacias políticas, da avaricia e egocentrismo duns poucos....

   Esta situación a nivel global queda perfectamente plasmada a través do traballo de Ugur Gallen, que amosa os máis duros contrastes do mundo en desgarradoras fotografías que nos impactan diante das nosas narices como pequenas bofetadas. 

 











 




  Esta foi a nosa proposta: 

Dia Da Infancia_0 by Nazareth

   Quixemos rendir a nosa pequena homenaxe a este artista turco coas nosas particulares fotografías destes "universos paralelos" que, dende logo, remexen conciencias:

19 nov 2020

AS VERBAS DO CAMIÑO: OUTUBRO

   

   

     Unha das actividades anuais que preparamos como parte do noso PDI "Xacobeo-Bureleo 2021" consiste no redescubrimento daquelas palabras galegas que por diversas circunstancias xa están en desuso ou son descoñecidas para @s nos@s peques. Unha volta ao coñecemento da nosa lingua e das palabras olvidadas...

     As verbas chegan á clase: no "xoves galego", compartiremos as palabras na aula e elixirase a que mais nos guste e represente á nosa clase no muro das verbas. Trátase dunha actividade familiar que logo poñemos en común nas clases e cada aula presenta a súa palabra do camiño mensual para ir colocándoa no muro das "verbas do camiño". Enviamos a seguinte información ás familias: 

Verbas camiño by Nazareth

   Este sería xa o muro das verbas do mes de outubro, xa estamos recibindo as verbas de novembro; pero esperaremos ata que remate o mes...

14 nov 2020

CELEBRAMOS O MAGOSTO, ESPERANDO OS CONTOS DE MEDO....

 


     E mentres celebramos o Magosto, Libruxa espera a chegada dos contos de medo. As bases do conto, moi sinxelas, só ten que dar moooooito medo e estar escrito en galego

    A través deste taller de escritura de contos no que teñen que usar uns taboleiros que preparamos para elexir os ingredientes do mesmo quixemos facer unha parada na nosa ruta do Camiño rendindo unha homenaxe á tradición oral galega a través das lendas, tan arraigadas na nosa cultura. Deste xeito, @s peques coñecerán ao home do saco, a xacia, os trasnos, o lobishome, as mouras, o urco, o olláparo, as meigas, as lavandeiras, a Santa Compaña...

Contos de Medo by Nazareth

 Lembrade que tedes ata finais de novembro para ir cargando as vosas propostas no buzón virtual de Libruxa, que espera ansiosa os vosos contos. Despois decidirá os que máis lle gustan e recibirán agasallos os máis terrorííííííficos!!!!!!


  Por fin!!!! Libruxa xa ten os libros elexidos para regalar e o xurado xa decidiu quenes foron os gañadores dos contos de medo despois de escoitar ou ler todas as propostas: 

- da categoría de infantil : a clase de 5 anos B co título de "Amigos para sempre"

- da categoría de 1º-3º: a clase de 2ºA baixo o título "Veluntina, a vespa asasina"



- da categoría de 4º-6º: o audioconto de Teresa Santos Pradel da clase de 6ºB con "Non todo é o que parece"




Conto de 5 anos B: 

Conto de Teresa Santos: audioconto

Conto de Medo Teresa Santos... by Nazareth

Conto de 2ºA


CELEBRAMOS O MAGOSTO

 


  Pouco a pouco vai pasando novembro e imos celebrar esta semana o Magosto. Non teremos o noso tradicional asado de castañas, a merenda no patio tod@s xunt@s, desfrutando das castañas quentiñas, do seu olor, das risas d@s peques e o calor das súas familias...pero tampouco queríamos deixar de celebralo, polo que pensando, pensando...estas foron as nosas proposatas: 

   
  


Propuxemos crear nas aulas unha adiviñas moi especiais cos froitos de outono en galego e animais do bosque en inglés, e que presentaremos para todo o cole o próximo 19. 


       Tamén, ao longo desta semana @s nen@s traerán para a súa merenda froitos e froitas desta época e unhas poucas de castañas e follas secas para ir realizando algunhas manualidades. 




Esperade a ver os resultados, seguro que nos sorprende, coma sempre:

Tamén fixemos diversas manualidades nas clases de plástica coas que decoramos a aula:

25 oct 2020

E CHEGA O SAMAÍN-HALLOWEEN

 


  Achégase a noite do 31 de outubro, unha das noites máis enxebres das que se viven en Galicia, xa que é unha tradición de orixe celta. "Samhain" significa "fin do verán", e os antigos celtas celebrábano como o momento de transición do estío ao inverno. Nesta data, dícese que é máis fácil transitar entre os dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

  Se queres saber máis sobre o Samaín celta, clica na seguinte imaxe: 

   
  Xa está listo o expositor temático para o mes do medo, así como o resto dos contos de medo para as credenciais literarias do reto lector: 

  Ademáis, Libruxa preparou, xunto cos outros equipos do centro, varias actividades ao longo deste mes de novembro que iremos pouco a pouco presentando segundo vaian estando rematadas: 


Aquí tedes como foi este celebración tan diferente este ano, pero ao mesmo tempo sen perder a esencia e desfrutándoa igualmente entre todos:

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 



Qué é unha biblioteca?, por Gloria Fuertes...

"Unha biblioteca é como unha segunda casa para as persoas que len libros. Na biblioteca están todos os libros e podes lelos gratis. Dentro dunha biblioteca cúrase a ignorancia, os libros son para a mente como as tiritas para as feridas. As bibliotecas son tan importantes que terían que estar en todas partes, como as farmacias."  

   O venres celebramos no cole o Día das Biblitecas escolares. Como cada ano, Libruxa xa foi repartindo as mochilas viaxeiras, ainda que ao longo deste curso, quedarán unhas 48 horas de cuarentena entre entrega e entrega, segundo o protocolo COVID que elaboramos para a biblioteca escolar. 

    Tamén se presentou o cartel deste curso, que enlaza perfectamente co percorrido xeográfico e literario que imos a levar a cabo a través das rutas do Camiño: 


    Presentouse nas clases o novo proxecto do centro: "Xacobeo-Bureleo 2021" a través da lectura da carta que Libruxa lles deixou no Caderno do Camiño. 


18 oct 2020

"XACOBEO- BURELEO 2021"

 


      


  LIBRUXA PEREGRINA!!!! Preparándose para a nosa particular Ruta Xacobea 2020-21.  

   Novo curso, novo PDI: "Xacobeo- Bureleo 2021".  Ao longo de setembro os diferentes equipos do cole fumos conxuntamente perfilando o deseño do novo proxecto que presentaremos á comunidade educativa o Día das Bibliotecas Escolares a través dun "caderno do viaxeiro" virtual que se verá dende a páxina web do cole e que irá amosando o noso camiño paso a paso co itinerario de actividades propostas e o resultado final. Será un caderno que medre a medida que avanzamos nas distintas etapas do noso camiño e no que iremos gardando, a modo de caderno de bitácora, todo o noso proxecto.  

   Comezaremos a nosa andaina cunha carta de presentación de Libruxa: 

Carta Presentación Libruxa by Nazareth

    O obxectivo deste proxecto é fomentar o coñecemento do patrimonio cultural relacionado co Xacobeo e dar a coñecer ao noso alumnado a riqueza patrimonial, ecolóxica e cultural da nosa terra a través das rutas do Camiño, ao mesmo tempo que tamén nos covertiremos en "peregrinos" da nosa propia ruta "bureleo 2021" que acondicionaremos, sinalizaremos e explicaremos a través da elaboración dunha guía co itinerario e lugares de interese do noso concello. 

    Coñecer o noso é o primeiro paso para coidado, polo que debemos aproveitar, dende as aulas, a capacidade de asombro e descubrimento dos nen@s fronte ao mundo que os rodea e facer intervir ás familias e a outros profesionais da contorna que os axude e os guíe no fomento de prácticas saudables como parte do proceso permanente no que van adquirindo conciencia do munod que os rodea. 

    Este Camiño especial tamén será un camiño de volta á nosa cultura, tradicións, paisaxes, gastronomía, etnografía, literatura...un camiño cheo de imaxinación, descubrimento e creatividade. 

    Para comezar esta primeira parte do proxecto propóñense estas actividades:     


Xacobeo Bureleo Para Comezar by Nazareth

     Os nosos nenos e nenas tamén disporán dun carnet cunha serie de credenciais lectoras que terán que ir selando a medida que vaian superando os diferentes retos lectores para conseguir a súa Compostelana: "os contos do Camiño"


Carnet Os Contos Do Camiño-... by Nazareth

Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth

Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth

Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth

     Todo está preparado para comezar!!!! o día 24 de outubro daremos o pistoletazo de saída polas nosas rutas Xacobeas, esperando que esta situación de pandemia tan extraña non merme os nosos ánimos nin ilusións. 

    Polo pronto as nosas portas coas mascotas peregrinas xa están case a punto e colocarase a mascota en cada país asignado a cada curso para no segundo trimestre facer a presentación das diferentes investigacións dos países do Camiño, aos que xuntamos os do Proxecto Europeo: 

Ademáis, tamén elaboramos un pequeno proxecto sobre o Xacobeo para aqueles cursos que o queiran empregar ou modificar ao seu gusto, así como unha presentación con información sobre o tema:

Proxecto Camiño Santiago by Nazareth

Ppt Camiño de Santiago by Nazareth

30 sept 2020

PROTOCOLO COVID-19 PARA A NOSA BIBLIOTECA

   


   Volta ás aulas!!! e, como non, Libruxa tamén voltou á súa biblioteca despois das vacacións de verán. Ven preparada coa súa mascarilla e o xel hidroalcohólico. Tamén, coa axuda do seu equipo de biblioteca, liberou espazo de sillas e mesas para que os nenos e nenas puidesen achegarse á biblioteca e acomodarse mantendo unha maior distancia:  






  




   Benvidos un curso máis, ainda que este ano ten que ser un pouquiño diferente, e por iso, Libruxa estivo todo o verán pensando a mellor maneira para que puidésedes visitala na biblio como en cursos anteriores, facer actividades e seguir collendo as lecturas que máis vos gusten. Deste xeito, elaborou un protocolo con instruccións moi sinxelas que debedes seguir con moito coidado: 

Protocolo Covid-19 by Nazareth

E este é o cartel que se elaborou para a entrada da biblioteca, cun resumo das novas normas para a pandemia:

Cartel Protocolo Covid-19 by Nazareth

10 jun 2020

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN















   Libruxa xa está pensando en tomar un pequeno descansiño deste remate de curso tan solitario e extraño. A verdade é que se lle fixeron moi longos estes meses sen ver aos seus nen@s e espera que o vindeiro curso os poida ver facendo moitas actividades na biblioteca e divertíndose con todas as súas lecturas. 
   Para que desfrutedes do verán, aquí vos deixa unhas pequenas recomendacións lectoras que espera vos acompañen no tempo de vacacións. Lembrade: No verán, un libro na man!

  Este curso que remata foi diferente para tod@s, alumnado, familias e mestres, e continuamos con moitas incertidumbres para o vindeiro. O verán achégase e os peques necesitan descansar, relaxarse e divertirse, pero recórdavos Libruxa que sempre tendo en conta as medidas de protección pertinentes. 

    A modo de despedida, as bibliotecas escolares que formamos parte da Microrrede PLAMBE da Mariña realizamos dous booktubers con recomendacións lectoras para o verán: unha para infantil e primaria e outra para lectores máis avanzados: 

    



  Agora en xuño, cando estamos preparando o material que quedou na aula para entregarlle ás familias, caímos na conta que nas casas quedaran moitos libros en préstamo ao pechar os coles e as bibliotecas escolares de forma tan precipitada.
      Por seguridade, dende o equipo de biblioteca propuxemos seguir estas instruccións para a devolución dos libros quedaron nas casas en préstamo durante o confimamento:



          moi boas vacacións e moitas lecturas refrescantes



POR UN PLANETA MÁIS SAN



  O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, o que nos brinda a oportunidade de facer medrar a nosa conciencia crítica no sentido de responsabilidade en canto á conservación e a mellora do medio no que vivimos. 
   Este ano céntrase na biodiversidade, moi relacionado co noso proxecto de centro, e uns días despois, o 8 de xuño, celébrase o Día Mundial dos Océanos.  Os ecosistemas dependen de todas as partes. Todo está interconectado. Algúns producen osíxeno que outros respiran, outros proporcionan alimento a especies máis grandes, que á súa vez, se convirten en presas de especies aínda máis grandes. Cada organismo vivo desempeña un papel para manter un equilibrio que os seres humanos estamos rompendo: 


  

    Que mellor maneira de crear conciencia nos nosos peques que a través de pequenas accións, como limpeza de áreas forestais ou ir recollendo o lixo das nosas praias.
    Libruxa propónvos, que agora que podemos saír un pouquiño do noso confinamento, adicarlle un pouquiño do noso tempo a limpar o lixo que o mar deixou e que se non retiramos, o mar volverá a levar para outro sitio. Ademáis de quitarlle ao mar un pouco da porquería que leva, tamén nos axuda a ser máis conscientes do que estamos a facer coa natureza, do que consumimos...e a seguir reflexionando sobre o que estivemos traballando este curso co noso PDI "Miramos polo noso mar"

    A natureza, os océanos, a biodiversidade, os ecosistemas ofrecen infinitas oportunidades de aprendizaxe aos peques, polo que unha moi boa maneira de concienciar é a través das lecturas. Por iso, queremos compartir aquí unha pequena selección de libros que vos poden servir para profundizar máis no coñecemento e conservación do mundo que nos rodea:



   Interesante botarlle unha ollada ao BOOKTRAILER do libro editado en portugués, Plasticus Maritumus, uma especie invasora, de Ana Pego, que aparece en Kalandraka TV:
 

10 may 2020

LETRAS GALEGAS: LECTURA EN GALEGO



 Como xa mencionamos antes, estase acercando o Día das Letras Galegas e Libruxa quere celebralo con vós deixándovos a súa particular selección de contos e audiocontos que podemos atopar on line en galego, que, por desgracia, non son moitos: 

   - Recoméndavos o enlace que xa vos deixou noutra entrada anterior a Kalandraka TV, na sección de "contos contados", unha canle de TV dixital onde se poden atopar entrevistas, reportaxes, novas, recomendacións literarias, experiencias lectoras e tamén, moi interesante, un lugar onde diferentes autores e contacontos narran historias moi coñecidas, a maioría en galego:


    - 10 propostas en galego gratis para descargar: a editorial Baía Edicións liberou un compendio de libros dende os 4 ata os 12 anos en galego que se poden ir descargando. Botade unha ollada!!!

                                            

     -  4 xogos en galego para pasar o confinamento: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ofrece na súa paxina web, de balde, catro opcións diferentes e online, para nen@s e adult@s, cos que podemos pasar as horas de encerro divertíndonos en galego (simplemente hai que rexistrarse)



   - GaliciaLe é a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Presenta un catálogo en galego e outro en castelán. Se non tes carné de biblioteca, mentres dura a corentena, podes rexistrarte e recibirás unha clave para acceder. 


    -  Orella Pendella é unha paxina web de difusión da literatura popular infantil galega como ferramenta educativa e de lecer. Aquí poderemos atopar por categorías infinidade de ditos, recitados, cancións, refráns, trabalinguas, poemas acumulativos...


               a través do seu facebook

                                                                                             a través do seu facebook

       -    Gato Negro, Pampurrias, Carmesina e Serafín xa saben falar galego. Para aqueles que teñen ebook podedes descargar, totalmente gratuitos, en galego estes títulos. Só tedes que rexistrarvos: 

   





   

LETRAS GALEGAS 2020



   O 17 de maio celebraremos, en confinamento, o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Ricardo Carvalho Calero. 
   
   Como todos os anos, o Seminario Galán propón unha serie de actividades para ir realizando por niveis

                      

   

    Primavera das Letras é a base de lanzamento da Real Academia Galega para que os nen@s de infantil e primaria celebren este día e tamén nos deixa unha serie de propostas interesantes adicadas ao Día das Letras Galegas e coñercer mellor a figura de Carbalho Calero. 




    "Descubre as letras 2020" é outra actividade proposta para conmemorar este día: 


    -  Edicións Embora e os Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra poñen na rede presenta o seu proxecto educativo sobre Ricardo Carvalho Calero e o  seu relato "As pitas baixo a choiva". Podedes acceder ao proxecto para ler o conto, escoitar as cancións e descargar o cuaderno: 



    - "Eu uso o galego para...." Ademáis destas actividades, o equipo de Dinamización Lingüística do noso cole proponvos que vos animedes a celebrar o Día das Letras Galegas de maneira virtual continuando o vídeo que con moito agarimo comezamos @s profes:   


   

  Aquí vos deixamos a explicación da actividade para aquelas familias que vos animedes a participar: 

Letras Galega by Nazareth on Scribd


     Este foi o resultado final, unha actividade conxunta d@s profes, alumnado e familias. Esperamos que vos guste: 





   

MICRORREDE A MARIÑA 2020



   En reunión virtual, os membr@s da Microrrede A Mariña tivemos que tomar a decisión de suspender a novena exposición "Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo" e aprazala para o vindeiro curso, dadas as circunstancias por mor do COVID-19.

    Todo estaba preparado para enviar as cartas ás familias e poñer mans á obra para realizar os traballos artístico-literarios e preparar a exposición no cole, pero...como xa dixemos, non puido ser. 

        De todos os xeitos, nestes momentos as coordinadoras das bibliotecas da microrrede quixemos realizar unha actividade especial: 
               
         - as diferentes bibliotecas saúdan a todas as comunidades educativas.
         - facemos un repaso das oito edicións anteriores.