Páginas

28 nov 2020

3 DE DECEMBRO: XUNT@S IMOS POLO BO CAMIÑO

 

  

    Unha parada máis no noso camiño baixo o lema da campaña deste ano "Un día para tod@s", co que se quere facer ver a (dis)capacidade como parte da condición humán, xa que en calquera momento das nosas vidas podemos experimentar unha discapacidade, temporal ou permanente. 

    Esta é a nosa proposta, e contamos coa profe Patri, de audición e linguaxe, que se brindou a axudarnos na súa preparación:    

Día Das Persoas Con Discapa... by Nazareth

Ao longo da primeira semana de decembro iremos visualizando estes cortos que nos pareceron preciosos e significativos en canto á temática proposta. O primeiro deles é "Tamara", o soño dunha nena por bailar a pesar das súas circunstancias especiais:  
 O segundo titúlase "Ian", si queres xogar e non che deixan, si queres ser parte e non pode, si che fan sentir diferente, qué farías? (fundación Ian: https://fundacionian.org.ar/)

  Este foi o resultado da nosa práctica: 

22 nov 2020

25 DE NOVEMBRO: ONDE ESTÁ A DIFERENZA?

 
   O vindeiro 25 de novembro é o día internacional de loita contra a violencia de xénero que nós, como educadores, debemos ter presente todos os días, xa que nas nosas mans están nen@s inocentes, futuros homes e mulleres, que merecen unha boa coeducación, unha educación en igualdade para que tomen conciencia da importancia que ten a igualdade de xénero. 

  Por esta razón, nos facemos esta pregunta: Onde está a diferenza? Para responder a esta pregunta estamos a realizar nas nosas aulas e coa axuda dos libros expostos na biblioteca unha actividade para a que dende logo non van a facer falta palabras, falará a través das imaxes e coa que pretendemos deconstruír a imaxe preconcebida que temos do xénero e facerlle ver aos máis pequenos que o que somos e o que valemos está dentro de nós mesmos, independentemente si somos masculino ou feminino. 

Día contra a Violencia de X... by Nazareth

   O noso expositor temático xa está listo na biblio para ir lendo ao longo desta semana: 



     Este foi o resultado das nosas montaxes: 


DÍA DA INFANCIA E OS DEREITOS D@S NEN@S

 












   Este pasado 20 de novembro quixemos adicar as nosas aulas aos dereitos e deberes da infancia, que @s nen@s coñecesen os seus dereitos e entendesen que non sempre son respetados en todos os lugares do mundo e que hai moooitos nen@s da súa idade que, por desgracia, se atopan en peor situación que a súa, de total desamparo por mor das guerras, da pobreza, da emigración, das ineficacias políticas, da avaricia e egocentrismo duns poucos....

   Esta situación a nivel global queda perfectamente plasmada a través do traballo de Ugur Gallen, que amosa os máis duros contrastes do mundo en desgarradoras fotografías que nos impactan diante das nosas narices como pequenas bofetadas. 

 











 




  Esta foi a nosa proposta: 

Dia Da Infancia_0 by Nazareth

   Quixemos rendir a nosa pequena homenaxe a este artista turco coas nosas particulares fotografías destes "universos paralelos" que, dende logo, remexen conciencias:

19 nov 2020

AS VERBAS DO CAMIÑO: OUTUBRO

   

   

     Unha das actividades anuais que preparamos como parte do noso PDI "Xacobeo-Bureleo 2021" consiste no redescubrimento daquelas palabras galegas que por diversas circunstancias xa están en desuso ou son descoñecidas para @s nos@s peques. Unha volta ao coñecemento da nosa lingua e das palabras olvidadas...

     As verbas chegan á clase: no "xoves galego", compartiremos as palabras na aula e elixirase a que mais nos guste e represente á nosa clase no muro das verbas. Trátase dunha actividade familiar que logo poñemos en común nas clases e cada aula presenta a súa palabra do camiño mensual para ir colocándoa no muro das "verbas do camiño". Enviamos a seguinte información ás familias: 

Verbas camiño by Nazareth

   Este sería xa o muro das verbas do mes de outubro, xa estamos recibindo as verbas de novembro; pero esperaremos ata que remate o mes...

14 nov 2020

CELEBRAMOS O MAGOSTO, ESPERANDO OS CONTOS DE MEDO....

 


     E mentres celebramos o Magosto, Libruxa espera a chegada dos contos de medo. As bases do conto, moi sinxelas, só ten que dar moooooito medo e estar escrito en galego

    A través deste taller de escritura de contos no que teñen que usar uns taboleiros que preparamos para elexir os ingredientes do mesmo quixemos facer unha parada na nosa ruta do Camiño rendindo unha homenaxe á tradición oral galega a través das lendas, tan arraigadas na nosa cultura. Deste xeito, @s peques coñecerán ao home do saco, a xacia, os trasnos, o lobishome, as mouras, o urco, o olláparo, as meigas, as lavandeiras, a Santa Compaña...

Contos de Medo by Nazareth

 Lembrade que tedes ata finais de novembro para ir cargando as vosas propostas no buzón virtual de Libruxa, que espera ansiosa os vosos contos. Despois decidirá os que máis lle gustan e recibirán agasallos os máis terrorííííííficos!!!!!!


  Por fin!!!! Libruxa xa ten os libros elexidos para regalar e o xurado xa decidiu quenes foron os gañadores dos contos de medo despois de escoitar ou ler todas as propostas: 

- da categoría de infantil : a clase de 5 anos B co título de "Amigos para sempre"

- da categoría de 1º-3º: a clase de 2ºA baixo o título "Veluntina, a vespa asasina"



- da categoría de 4º-6º: o audioconto de Teresa Santos Pradel da clase de 6ºB con "Non todo é o que parece"




Conto de 5 anos B: 

Conto de Teresa Santos: audioconto

Conto de Medo Teresa Santos... by Nazareth

Conto de 2ºA


CELEBRAMOS O MAGOSTO

 


  Pouco a pouco vai pasando novembro e imos celebrar esta semana o Magosto. Non teremos o noso tradicional asado de castañas, a merenda no patio tod@s xunt@s, desfrutando das castañas quentiñas, do seu olor, das risas d@s peques e o calor das súas familias...pero tampouco queríamos deixar de celebralo, polo que pensando, pensando...estas foron as nosas proposatas: 

   
  


Propuxemos crear nas aulas unha adiviñas moi especiais cos froitos de outono en galego e animais do bosque en inglés, e que presentaremos para todo o cole o próximo 19. 


       Tamén, ao longo desta semana @s nen@s traerán para a súa merenda froitos e froitas desta época e unhas poucas de castañas e follas secas para ir realizando algunhas manualidades. 




Esperade a ver os resultados, seguro que nos sorprende, coma sempre:

Tamén fixemos diversas manualidades nas clases de plástica coas que decoramos a aula: