Páginas

31 may 2026

VERANEANTES VIAXEIROS: GUÍA DE LECTURAS

OUTRAS VIAXES DOS VISTALEGRÍNS


     Durante este trimestre os vistalegríns viviron tamén outras emocionantes aventuras: 

     O alumnado de 5º gozou da súa posta a punto no mundo da radio a través de Ponte nas Ondas


          Tamén recibiu a visita de Cristina Palacios de Arelas infancia mocidade trans para sensibilizarnos e formarnos para construír xuntos un cole “sen armarios” e libre de LGTBIfobia.



          O alumnado de 3º ciclo viaxou a Santiago de Compostela para participar no Congreso de Innovación na Cidade da Cultura.



        @s nen@s 6º recibiron a visita de Emma Gala, quen compartiu con nós a súa experiencia de vida como inmigrante para visibilizar a importancia da inclusión social: 


    Tamén os máis maiores asistiron ao Congreso da Infancia e Adolescencia onde aprenderon sobre temas como o consumo de peixe, a sostibilidade, o coidado do mar e das praias, así como diferentes propostas e iniciativas relacionadas coa alimentación sá e saudable. 


     Os máis pequeniños desfrutaron de talleres da primavera, recibiron á garda cicil, visitaron o Roq Park no monte San Roque de Viveiro ou a Granxa Escola Río Eo en Castropol e comezaron novos proxectos de aula como os dinosaurios:


       Finalmente, a Garda Real visitounos a todos para que coñecésemos o seu traballo, a sección canina, o adestramento dos cans, o seu equipamento.... 



e o alumnado de 5º de 6º participou na formación "Navega con rumbo", un programa que fomenta o uso responsable das tecnoloxías.  


     O alumnado de 5º de primaria ao longo deste trimestre, que estiveron estudando historia, fixeron unha viaxe moi especial ao pasado que foron gravar á Radio Vistalegrín:



      Dous dos nosos alumn@s recibiron un premio do Concurso de Debuxo Muralla de Lugo, organizado por El Progreso. Parabéns!!!!


     
Toca tamén despedir ao alumnado de 6º que deixa o cole para empezar unha nova aventura e, por suposto, aos pequeniños de infantil que o curso que ven estarán en Primaria comezando tamén unha nova viaxe chea de ilusión, imaxinación e novos retos!!! Os que marchan fanlle o pasillo aos que comezan unha nova etapa:

         
e os profes que lles dimos clase a esta promoción despedimos aos maiores:

    Tamén lles entragaron un agasallo para que se lembraran de nós, un puzzle-foto feito na cortadora láser: