Mostrando entradas con la etiqueta PDI Vistalegríns polo mundo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI Vistalegríns polo mundo. Mostrar todas las entradas
28 may 2026
MAIO-XUÑO: OCEANÍA
Pouco a pouco fumos dando un percorrido polos diferentes continentes do mundo, facéndonos partícipes da súa diversidade cultural, xeográfica, política, natural, lingüística...Todo o que fumos aprendendo quedou visible nas exposicións que se poden ver polos corredores dos dous edificios.
Imos rematando a nosa viaxe polo mundo. O destino lévanos agora ao último continente que nos queda por visitar. Libruxa xa convocou aos representates do nivel a vir á súa axencia de viaxes para a derradeira reunión e un novo reto para conseguir a tarxeta de embarque: un pasapalabra sobre Europa
-Destina: Oceanía
-Data de Saída: 25 de maio
-Data de Chegada: 17 de xuño
-Categorías: por niveis
Estamos agora a viaxar por Oceanía, centrándonos entre outros na cultura locas maorí (Nova Zelanda) e o respecto que profesan pola protección da natureza. A súa conexión coa terra provén de crenzas míticas que coñeceremos a través de libros, lendas e visionado dalgunha película. Oceanía coñécese ademais de polas súas paisaxes exóticas, pola súa vida mariña e a protección da gran barreira de coral, tan importante para os nosos ecosistemas. Así que, para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente a primeira semana de xuño poñerémonos todos mans á obra e acudermos a limpar as praias e algunhas áreas de monte da nosa contorna. A modo de protesta e acto de concienciación polo lixo vertido nos océanos de todo o mundo e que vai a parar ás nosas praias crearemos algunha peza escultórica no patio con todo o material de refugallo que poidamos traer da limpeza do litoral: "un mundo de refugallo".
Recordade tamén os eco-retos que estivéstedes a facer ao longo de todo o curso e que nos fustes enviando ao cole (Programa Voz Natura) para convertirvos en viaxeiros responsables e sostibles.
Relacionada co mundo mariño, o alumnado de 4º de primaria participou nunha actividade de piragüismo.
e tamén o alumnado de 4º disfrutou dunha mañá de surf na Praia de Abrela!!!
O alumnado de 4 anos degustou "pan de fadas" feito por eles, un prato típico de Oceanía nos cumpreanos.
Coa impresora 3D, ademáis de facer os selos dos pasaportes e outras creacións para as aulas, diseñáronse os animais de Oceanía como parte da exposición na categoría de "flora e fauna":
ABRIL-MAIO: EUROPA
Despois do parón de Semana Santa, que descansamos das nosas viaxes, xa é o momento de regresar con forzas renovadas.
Os mapas das aulas xa foron medrando con cada viaxe a un novo continente e pouco a pouco xa se van enchendo con nova información e datos moi interesantes:
-Destino: Europa
-Data de saída: 7 de abril
-Data de chegada: 25 de maio
-Categorías: por niveis
Coas tarxetas de embarque nas nosas mans é hora de poñerse en marcha e comezar a cubrir o noso caderno de aula. Nesta ocasión, por exemplo, ao alumnado de 2º tocoulles personalidades e personaxes literarios
A nosa primeira intención era rematar a nosa visita polo vello continente o 9 de maio celebrando o Día de Europa...
pero que mellor maneira de alongar a nosa estancia e celebrar este día recibindo ao nosos compañeiros belgas a semana do 18 ao 22 de maio? Xa levamos sobre 25 anos de intercambio e a experiencia, tanto para o alumnado como para o profesorado é extraordinaria!!
Despois da benvida onde os recibimos coas diferentes bandeiras europeas, así como a da Unión Europea, cantamos todos xuntos o "Himno da Alegría" e tamén tiñamos preparados uns xogos cooperativos. Nos días seguintes visitaron Ribadeo e Viveiro. Foron días de moooitas aventuras!!!
O venres compartimos todos xuntos unha xornada no cole onde "viaxamos" polo mundo en busca de monumentos para descifrar unha mensaxe secreta. Participaron en varios talleres e pola tarde quedaron coas "familias de acollida" e con algúns exalumnos do cole que tamén quixeron compartir con eles a tarde.
Finalmente, o sábado abríronse as portas do cole para unha xornada de convivencia de toda a nosa comunidade educativa: alumnado actual e exalumn@s, profes actuais e xubilados, familias....todo ao ritmo da música tradicional galega da man da asociación Arume. Graciñas por acudir á nosa chamada.
Tamén nos fixeron unha pequena reportaxe:
Pasada esta semana de moita euforia, diversión e experiencias compartidas, toca agora poñerse mans á obra para ir rematando a nosa exposición de Europa. Pouco a pouco xa vai tomando forma...
Os pequeniños de 5 anos remataron a súa viaxe por Europa cociñando unha pizza. Que rica estaba!
O alumnado de 2º de primaria, nas clases de plástica, elaboraron primeiro matrioshkas coa súa imaxe, xa que na hora de ler estivemos lendo a lenda das matrioshkas tan típicas da Europa do Este, e despois crearon as súas maquetas da Torre Eiffel:
Os maiores tamén crearon xogos interactivos sobre España e Europa empregando material de Polos Creativos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















