Este é o lema das bibliotecas escolares para este novo curso que comeza 22-23: a biblioteca escolar como un lugar cheo de recursos e oportunidades para escribir, crear, imaxinar, expresarnos...
Como sempre no día das bibliotecas escolares abrimos as portas da nosa biblio, un pouquiño cambiada co novo mobiliario que estivemos montando, e tamén comenzan a rodar as mochilas viaxeiras:
e o recanto do proxecto tamén preparado para ir medrando pouco a pouco con novos libros e paneis informativos....
E este día é cando tamén comeza Libruxa e o seu equipo unha nova andaina, presentando á comunidade educativa o seu proxecto para este ano, terceiro e último do Proxecto Europeo Erasmus+: "Auga, Biodiversidade e Consumo Responsable". Ademáis da esperada carta de Libruxa e Jan, os obxectivos do proxecto, a guía de lecturas que poden atopar na biblio sobre o tema e a proposta de itinerario lector, este curso quixemos implicar un pouquiño máis ás familias nunha actividade novidosa para nós, "As Rutas da Auga" pola nosa contorna, unha proposta de rutas de senderismo onde poder disfrutar da natureza, coñecer os ríos, fervenzas, pozos...da nosa zona e pasar tempo xuntos, en familia. Esperemos que teña unha boa acollida!!!!