Coa axuda dos voluntarios de 6º estivemos a preparar unha pequena obriña teatral para concienciar ao noso alumnado contra o bullying e o acoso escolar, actitudes nocivas que debemos erradicar do noso entorno.
Primeiro elaboramos a texto facendo a nosa particular adaptación de dous libros de Raquel Díaz Reguera que xa leramos nas aulas e que nos encantaron
TEATRO 2026 Yo Voy Conmigo y Yo Soy by Nazareth
Despois de repartir os papeis entre os voluntarios para facer a obra, viñeron unhas poucas semans de ensaios, correccións, melloras no texto, reescritura, adaptación dalgúns personaxes....
Finalmente chegou o día da representación para os diferentes niveis e tamén para aquelas familias que se quixeran achegar a ver a obra:
Tamén, coincidindo co Día contra o Acoso Escolar, dende o Departamento de Orientación organizáronse diferentes actividades nas aulas das titorías para sensibilizar e previr posibles situacións de acoso escolar. Con estas propostas tratouse de reflexionar sobre a importancia do respecto, a empatía, a convivencia e o bo trato, así como de construír unha escola segura, inclusiva e respectuosa.
e esta para os maiores:
PUNTO LARANXA_20260604_124208_0000 by Nazareth
a visualización do vídeo para complementar a lectura dos libriños na aula:
e xogos:

%20(3).jpg)

























