Páginas

26 jun 2021

FIN DE CURSO: BAILANDO CARA O VERÁN E CONCERTO DE GRAMOLA GOMINOLA

 


   Fumos chegando ao final e quixemos preparar algo especial para @s nos@s pequen@s superheroes/superheroínas ao longo de todo este curso tan diferente para nós, pero sobre todo para eles, e que superaron con nota. 

        O luns Libruxa propuxo gravar un baile espontáneo coa canción "Jerusalema", onde ao final tamén bailamos @s profes: 


  e o martes, vestidos tod@s de rockeir@s, pensamos regalarlles un movido concerto do grupo Gramola Gominola, sobre o seu libro "Bravas" que xa coñeciamos no cole. Foi unha experiencia nova e diferente do tradicional festival de fin de curso, que non se puido facer polas restriccións, e que nos encantou a tod@s. 





8 jun 2021

UN CAMIÑO QUE NOS CONTOU MOITO!!!!

 


      Ano Xacobeo, o Camiño de Santiago, o Bureleo...este camiño, tanto real como figurado, que estivemos levando a cabo ao longo deste curso foi un proceso de descubrimento e aprendizaxe persoal, pero tamén nos axudou a medrar en empatía, en igualdade, en cooperación, ás veces virtual ...

           O Camiño tamén nos invitou a reflexionar sobre a riqueza patrimonial, ecolóxica e cultural das distintas "xeografías" que o conforman e da importancia de conservalas. Tamén sobre as diferentes "xeografías lectoras" que forman as súas rutas. 

          Xa cara o final, convertímonos en "peregrinos" do noso Bureleo, porque tamén é importante coñecer de onde vimos e o que nos pode ofrecer o lugar onde vivimos. 

             O noso "camiño" continuará o curso que ven co obxectivo de seguir fomentando o espíritu crítico, produtivo e creativo dos nos@s nen@s a través das novas rutas que nos propoña o Proxecto Erasmus+ "Friends for our Planet", "Amigos polo planeta", que xa comezamos este ano e seguiremos dous cursos máis con novos retos conxuntos co resto dos países europeos participantes. 

  Aquí vos deixamos un enlace para que poidades ver o que xa se foi investigando nos retos anteriores sobre a enerxía e a contaminación, para ir abrindo boca de cara a setembro: 



   

    Ademáis, como remate final Libruxa deixavos a versión rematada do "Caderno do Camiño" a modo de resumo final do noso traballo, xunto cunhas fotos da confección clase por clase do seu puzzle final de "Libruxa peregrina" coas pezas que @s peques conseguiron a través das credenciais lectoras e as preguntas do Trivial durante o Bureleo.








O "VISTALEGRÍN" XA ESTÁ AQUÍ E CHEGA COAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS...


    Chega finais de curso e, pouco a pouco, imos rematando os nosos artigos para a revista "Vistalegrín". Como novidade, este curso terá un Suplemento adicado exclusivamente ás rutas do "Bureleo 2021". 

    Ao longo da revista poderedes ir vendo as actividades, conmemoracións, proxectos, concursos... que fumos realizando durante todo o curso. 




   
   Libruxa tamén vos quere deixar unhas recomendacións lectoras para que no verán voedes coa imaxinación a través de mooooitas lecturas: 

6 jun 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 


     "REIMAXINA, RECREA, RESTAURA"...un ano máis celébrase o Día Mundia do Medio Ambiente: coidemos o noso entorno e sexamos conscientes do que consumimos promovendo hábitos máis sostibles.  

   A protección do medio ambiente comeza contigo. Cada pequena acción ten resultado. Comprometámonos!!!!

         Deste xeito, neste día compartimos con vós a exposición sobre a contaminación e a reciclaxe que se ven elaborando ao longo do 3º trimestre como parte do 2º reto do Proxecto Erasmus+ "Friends for our Planet", e que continuaremos como proxecto de centro o vindeiro curso con novos retos. 


                                             Preme na flor

    Son pequenos traballos de investigación feitos en familia con murais, obxectos reciclados, maquetas con materiais de refugallo.... Así, por uns meses os nosos nen@s convertíronse en artistas activistas, cidadáns científicos, investigadores ou escritores concienciadores anti-contaminación....








Do mesmo xeito, @s peques do cole cóntanos en que planeta nos gustaría vivir

   ou dannos consellos para coidar o noso planeta


  Os maiores crearon un cómic anticontaminación en galego: 


e en inglés: 

    Ademáis os nenos e nenas de 1º de Primaria participaron nun taller sobre reciclaxe ofrecido polas monitoras de GAIA: 


   O alumnado de 5º de primaria estivo investigando sobre este tema a través do libro "SOS, monstruos verdaderos amenazan el planeta", un volume divulgativo que da mooooito xogo:







   Deixamosvos aquí un resumo do noso traballo anual en relación a este proxecto:

- RETO 1: A ENERXÍA

- RETO 2: CONTAMINACIÓN E RECICLAXE

3 jun 2021

MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA: EXPOSICIÓN CONXUNTA


     Como xa sabedes, o noso centro forma parte dende hai uns anos xa da microrrede PLAMBE da Mariña dende onde seguimos facendo camiños no entendemento e cooperación interbibliotecas e no fomento do nosa cultura literaria e lingüística, incluso este ano tan complicado para tod@s.   
   No mes de maio estariamos inmersos, xunto coas familias, na preparación da exposición conxunta en Viveiro. Ainda que mantivemos diversas reunións e encontros virtuais ao longo do curso, non foi posible facer esta exposición de xeito presencial cos diversos actos culturais e actividades dinamizadoras que veñen sendo habituais, pero non quixemos deixar este curso "orfo" do noso espíritu e ganas de superar este momento con esforzo e ilusión, polo que decidimos crear unha exposición virtual
    No blog da Microrrede irán aparecendo ao longo do mes de xuño os distintos proxectos como centros baixo o título "Xeografías..."; centros educativos de distintas zonas de A Mariña, de diversas etapas educativas e con moi diferentes realidades.  
     Para comezar, presentamos o suxerente cartel da Microrrede para este curso 2020-21, realizado pola alumna de 3º da ESO do IES Perdouro de Burela, Lidiana de Pina Sanches e maquetado pola coordinadora da biblioteca do mesmo centro, Karina Parga: 


       
    O CEIP de Celeiro achéganos unha presentación dende onde podemos ver de forma conxunta os traballos propostos polos distintos centros. Preme na imaxe: 


       Libruxa, a nosa mascota, presenta para esta exposición o "Caderno do Camiño", onde aparece a nosa "peregrinaxe" deste curso a modo de caderno de bitácora, co itinerio de actividades relacionadas coas conmemoracións e as distintas propostas para o PDI "Xacobeo-Bureleo 2021" e o Proxecto Erasmus+ "Friends for Our Planet": as credenciais lectoras, as verbas do camiño, o Xacobeo na prensa, o taller de contos de medo, o concurso de carteis para o "bureleo",  o correversos do Camiño, as mascotas peregrinas e os países que representan, a reportaxe da ruta "Bureleo 2021", os dous retos de investigación e concienciación medioambiental: enerxía e contaminación...e moitas actividades máis que esperamos que vos gusten!!!

29 may 2021

CADERNO DO CAMIÑO: SEGUE MEDRANDO E CHEGANDO Á SÚA FIN....

       


    O Camiño vai rematando case sen darnos conta e cada vez imos enchendo máis páxinas do noso caderno, a modo de memoria final, do que fumos facendo este curso, tanto do PDI "Xacobeo-Bureleo 2021", como do Proxecto Erasmus+ "Friends for our Planet". Con este último seguiremos dous cursos máis, polo que nos queda ainda moooooito por descubrir, investigar, aprender e crear todos xuntos. Pero esa será outra historia, e o comezo doutro caderno....


Os nenos e nenas xa van rematando tamén o seu itinerario lector: credencial lectora que comezaron a principios de curso, "Os Contos do Camiño" e xa nos van enviando as fotos. Estas son algunhas credenciais lectoras de infantil:








27 may 2021

DE BURELEO.....

   Xa imos rematando o Bureleo. Despois de estar todo o curso no cole, nas aulas, sen excursións nin visitas a ningún sitio, esta experiencia resultou moi positiva para @s nos@s pequen@s. Unha xornada ao aire libre sempre ven ben, sobre todo si é para coñecer mellor o noso concello. Queremos agradecer a Begoña, compañeira de GAIA, que nos acompañase todos os días ao longo deste mes de maio e compartise con nós este pequeno "Camiño 2021".

  Como prometimos, aquí están as nosas pequenas reportaxes que fumos facendo os distintos cursos sobre o noso tramo da ruta. Esperamos que vos gusten e disfrutedes coma nós

LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS E VERBAS DO CAMIÑO


Guía Xela Arias by Nazareth

    Xela Arias, escritora e tradutora á quen se lle dedica neste 2021 o Día das Letras Galegas. Para ir coñecendo a esta autora, a bliblioteca pon ao longo deste mes de maio unha serie de títulos a disposición do alumnado e profesorado. 

     Para ir traballando nas aulas podemos acceder a este enlaces: 

- SEMINARIO GALÁN

- RECURSOS DA RAG: LETRAS GALEGAS 2021

- PRIMAVERA DAS LETRAS

- AULAS GALEGAS

   


      Non nos esquecemos dos "Padriños e Madriñas" que @s nen@s nos piden cada ano, ainda que nesta ocasión, por mor das restriccións, ímolo organizar dun xeito un pouco distinto. Como estamos coas rutas do Bureleo neste mes de maio e cada día falta algún curso, decidimos pospoñelo para o mes de xuño. Terá lugar no edificio 2 e por quendas algún nen@ dos cursos máis altos leranlles, escenificaranlles, recitaranlles...algún texto por megafonía que teremos instalada no patio aos máis pequenos, que estarán sentad@s mantendo as distancias na pista, escoitando mooooooi atentos.  

  

¡Letras Galegas! by Nazareth

    Como ben sabedes, no cole estivemos levando a cabo unha actividade anual á que lle chamamos as "verbas do camiño" e o "xoves galego"co obxectivo de poñer en valor a nosa lingua, potenciar a creatividade do alumnado e o traballo en familia. Foron moitísimas as palabras que nos chegaron ás aulas, verbas en desuso, con sonoridade, que lles gustaban ou lles escoitaban aos avós...  

   Quixemos conmemorar a semana das Letras Galegas, poñéndolle un broche final a esta actividade e inundar o noso patio de "letras galegas" pintando nas gradas as verbas do camiño. Primeiro picamos nas aulas as plantillas das palabras e despois os máis maiores encargáronse de pintalas no exterior. 




    
   Ao mesmo tempo, propuxémoslle aos comerciantes de Burela si nos deixaban poñer unha verba nos seus escaparates e aceptaron encantados. Deste xeito, e a través dun código QR, calquer persoa que sinta curiosidade poderá acceder ao noso muro das "verbas do camiño" ao mesmo tempo que entra a mercar algo na tenda. 

   Esta é a montaxe do proceso e o resultado final da nosa Semana das Letras

 

   Tamén, na segunda semana de xuño, logramos facer a actividade de padriños e madriñas por fin!!! con recitados, lecturas, dramatizacións...

 

CARTEIS QUE FAN CAMIÑO "BURELEO 2021"


    Libruxa invita a todo o alumnado e ás súas familias a participar nun concurso de carteis para publicitar a nosa particular ruta do Bureleo. 

Concurso Cartel Publicitari... by Nazareth

  Foron moitas as propostas que nos achegaron as familias e Libruxa tivo unha difícil decisión. Despois de moito pensar decidiu que elexiría un cartel para a portada da nosa revista do cole "Vistalegrín" e outro para a portada do Suplemento "Bureleo 2021". 

Propostas Cartel by Nazareth

   Estes foron os finalistas que máis lle gustaron:


Finalist As by Nazareth

....e finalmente, decidiuse por estes dous carteis que resultaron ser os gañadores: 

Gan Adores by Nazareth

   Seguro que quedarán xenial de portadas da nosa revista e suplemento. Xa os veredes ao rematar o curso!!!!


   Ademáis xa comezamos a pintar os nosos faros para sinalizar a ruta coa axuda do Concello. Cada faro estará situado máis ou menos ao incio de cada tramo por nivel e levará un código QR co cal se poderá acceder ao vídeo-reportaxe sobre o "Bureleo 2021" explicado polo nosos nen@s. 







25 may 2021

IMOS POLO BO CAMIÑO: FRASES POLO BO TRATO

 

   A ninguén lle son extrañas palabras como bullying, acoso escolar, maltrato...O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou Acoso Escolar, establecido por asociacións de pais e diversas organizacións non gubernamentais co obxectivo de concienciar sobre os riscos do acoso ou da exclusión, e evitar a violencia, verbal ou física, entre os máis pequen@s.
  Hai maneiras de comportarse ou dirixirse a outra persoa que poden causar dano non só físico, se non tamén emocional, e cando se converte nun comportamento reiterativo deixa de ser "cousa de nen@s" para ser un problema que require compromiso e actuación por parte de tod@s. 
   Como decidimos celebrar este día no cole? pois a través da lectura e do debate na aula... falando de acoso directamente para que tod@s entendan as serias repercusións, dos sentimentos dos implicados, dos motivos e dos medos e cómo sempre hai unha saida a través da comunicación, da empatía, da autoestima, da amizade e compañerismo.



    Pero tamén quixemos crear conciencia e extraer as nosas propias conclusións colocando mensaxes sinxelas, pero significativas polos corredores do cole. 
    Entre todos podemos marcar a diferenza: educar dende a casa e no cole na igualdade, na non violencia e no respecto 



frases polo bo trato - Kizoa Movie Maker

AS VERBAS DE ABRIL

    

     E imos rematando con esta actividade das "verbas do camiño" que nos serviu para recordar palabras galegas que agora practicamente xa non se usan, que na nosa zona as decimos doutra maneira, que as recordan os nosos avós e avoas...
      Para o mes que ven, o mes das Letras Galegas, estas verbas encherán as gradas dos nosos patios para lelas, recordalas e empregalas cando queiramos.
      

24 abr 2021

ABRIL, MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 


   Como sempre, Libruxa preparou unhas recomendacións lectoras para este mes tan literario. Nesta ocasión tivo uns axudantes moi especiais, algúns nenos e nenas do cole. Aquí tedes as súas propostas, entre as que podedes atopar narrativa, poesía, libros de consulta, con pictogramas, cómics...: 

18 abr 2021

CHEGANDO AO REMATE DO NOSO CAMIÑO: BURELEO 2021

 


      Coa chegada do 3º trimestre, estamos chegando ao remate do noso PDI "Xacobeo-Bureleo 2021". Si ata o de agora coñecimos que é o Xacobeo, as rutas Xacobeas, os diferentes países dende os que poden saír os peregrinos e as diferentes rutas do Camiño, os símbolos e o seu significado.....só nos quedaba planificar a nosa particular ruta do Camiño, a cal decidimos chamar "Bureleo 2021", unha ruta por Burela para a que contamos coa colaboración do Concello e das monitoras de GAIA, que nos acompañarán ao longo da mesma. 

     Para comezar, colocamos nas entradas dos dous edificios un mapa do noso concello sinalando os lugares máis coñecidos para o noso alumnado. Despois, partindo dunha ruta circular xa existente, creamos a nosa propia con algún tramo novo que queremos acondicionar para que se convirta en parte da ruta orixinal. 

      O seguinte paso foi asignar a cada clase un tramo desa ruta: 


   Como podedes ver, neste documento que se lle entregou a cada titor/a tamén aparecen os puntos de interese do tramo que lles tocou facer, xunto co día no que farán a ruta co seus alumn@s. Por mor da emerxencia sanitaria que estamos a vivir e como parte do protocolo Covid, non coincidirán as clases nos mesmos puntos da ruta, polo que no mesmo día sairá unha clase cara a unha zona do Camiño, e outra dirixirase ao lado oposto da ruta. 
 
   Esta actividade tamén ten a súa parte de investigación previa, xa que cada clase irá coñecendo o seu tramo traballando os puntos de interese ou onde está situada no mapa...para despois de saír a camiñar completar a actividade cun produto final que será a "Guía do Bureleo" con fotos e audios explicativos gravados pol@s nen@s e códigos QR que se engadirán ao comezo de cada tramo: 

BURELEO21 by Nazareth

XEOGRAFÍAS LECTORAS: "BOOK-TOUR DO CAMIÑO"

 














      Unha cita sinalada no calendario onde disfrutar da literatura dunha maneira distinta. Unha oportunidade de coñecer novos autores, regalar literatura...Unha invitación a achegar aos máis pequenos ao mundo das letras dun xeito especial.  

     Deste xeito, durante todo o mes de abril, o noso alumnado está coñecendo, lendo e investigando sobre un libro especial ou moi coñecido do país do Camiño que teñen asignado dende principio de curso e o día 23 colgaremos as 3 pistas nas árbores do cole para comezar o noso particular book-tour, onde cada clase terá que adiviñar o título dos libros que @s nos@s compañeir@s estiveron lendo. Cantos adiviñaremos? Coñecerémolos todos? Picaranos a curiosidade para ler algúns deles? Xa iremos vendo....

     Para facer este percorrido polas xeografías lectoras do Camiño, Libruxa entregou nos buzóns a explicación da actividade que inclúe ademáis a árbore do cole asignada a cada clase onde teremos que colgar as pistas e a plantilla para ir cubrindo segundo vaiamos adiviñando os libros:   

Día Do Libro 2021 by Nazareth

   Despois de moito pensar como poderiamos colgar as pistas nas árbores, primeiro ocurriusenos facelas nun formato "folla" e plastificalas para que colgaran das ramas, pero como tamén estamos inmersos no Proxecto Europeo "Friends for our Planet!" sobre a enerxía, o coidado do medio ambiente, contaminación e reciclaxe... non nos pareceu a maneira máis axeitada, polo que decidimos reusar botellas de auga e colocar as pistas dentro de maneira que se puidesen ver sen ter que abrir a botella e sacar o papel (protocolo Covid).  

   shhhhhh! non llo digades a niguén...aquí están as solucións do book-tour do Camiño: 

Aquí podedes ver o vídeo co resumo da actividade, colgando as pistas e despois cada curso facendo o seu book-tour polas distintas árbores do cole e sumerxíndose na súa viaxe literaria polas distintas xeografías do Camiño: