Este ano tivemos un "Nadal polo Mundo" mooooi especial onde coñecimos coa axuda de René, o profe de Reli, as diferentes maneiras de celebrar esta festividade e porqué nalgunhas culturas ou lugares non se celebra.
Ao longo da semana do 15 ao 19 de decembro visitaron o cole diversas personaxes de Nadal para contarnos a súa historia e o último día celebramos todos xuntos unha festa!!! con roscóns de reis e agasallos.
Agradecemos á ANPA a súa colaboración, así como a algúns metr@s xubilados que se caracterizaron de Befana (Italia), Grinch (EE.UU), Papá Noel (Laponia), Dez Moroz e a súa neta, Snegúrochka (Rusia), Reis Magos (Oriente), os Yule Lads (Islandia) e o Apalpador, que nos enviou unha mensaxe.
Ao longo destes días houbo moita actividade que é habitual por estas datas: Algunhas clases foron cantar panxoliñas ás diversas asociacións e ao centro de terceira idade co profe de música; tivemos diferentes talleres de comida e decoración de Nadal para construír unha gran árbore de nadal e o alumnado de 6º intercambiaronse regaliños entre eles con moita ilusión:
O prato forte para estas datas, ademais da visita das personaxes navideñas, foi a representación teatral dos máis maiores da obriña "Voa, voa, estrela!" que ademais representaron para a Escola Infantil.
Ademáis da oba estiveron moi ocupados elaborando unha noticias disparatadas sobre Papá Noel e escribindo unha carta colectiva con bos desexos para estas datas. Fai click nas imaxes para poder lelos:
Aproveitando o Concurso de Poesía convocado pola Biblioteca Pública do Concello, @s alumn@s de 6º convertíronse en poetas por un intre e crearon varios poemas sobre os seus recordos e as súas tradicións familiares. O poema de Sara gañou o 3º Premio!!!!
Ademáis, como todos os anos, realizamos o intercambio interxeracional coa visita a varias asociacións, o centro de día e ao Centro de maiores do Concello, onde tanto os peques como os maiores recitarán panxoliñas típicas desta época do ano:
Para o Nadal, encargamos que as familias elaboraran un "xoguete roto" (con material de refugallo) para intercambialo no "amigo invisible" que se fixo o día da festa de Nadal. Cada nen@ collería un regalo despois da visita de Papá Noel.
Seguimos coas representacións teatrais e nesta ocasión o alumnado de 5º de Primaria preparou unha pequena obriña titulada "Rodolfo" que foi representar á Escola Infantil A Galiña Azul, así como aos restantes cursos do cole:
Os usuarios da Cruz Vermella tamén viñeron ao noso cole cantar unhas panxoliñas cos/coas nenos/as favorecendo a interacción coas persoas maiores e a riqueza que isto supón poder compartir con eles un ratiño do noso tempo.
Así quedou a nosa programación para estes derradeiros días do trimestre:
Como todos os anos, o noso alumnado comparte estas datas cantando panxoliñas en diferentes asociacións do Concello,Centros de día e escolas infantís, fomentando así o achegamento e a convivencia cos nosos maiores e con persoas con "diferentes capacidades":
Ese día as felicitacións de Nadal para os reinos veciños xa están listas para ser recollidas polos seus destinatarios. RETO CONSEGUIDO!!!!!! e os Reis Magos visítannos para traernos o seu típico roscón:
O alumnado de Reli tamén preparou o seu "particular" Portal de Belén con figuriñas de Playmóbil:
O alumnado de 6º estivo moi entretido organizando uns xogos mentres esperaban a chegada das súas Maxestades...
e algúns dos voluntarios da biblio escribiron a súa especial carta de desexos para este Nadal:
Como vedes, estivemos moi entretidos este último mes para despedir o trimestre e comezar as nosas merecidas vacacións. Aquí vos deixamos un pequeno resumo deste último día: