Chega a primeira convocatoria de Libruxa para visitar a súa axencia de viaxes. Alí entregaráselles a tarxeta de embarque para coñecer o seu primeiro destino e a categoría que teñen que investigar no seu nivel:
-Destino: América do Sur/Latinoamérica
-Data de Saída: 29 de setembro
-Data de Chegada: 30 de outubro
Dada a gran diversidade cultural do noso centro, tentamos contactar con algunhas asociacións culturais e familias que poidan participar traéndonos unha pequena mostra das costumes, gastronomía, folklore, vestimentas, bailes....do seu país. Implicar ás familias e a membros da nosa comunidade é fundametal no desenvolvemento das actividades deste proxecto, onde podemos aprender de primeira man. Coa súa colaboración organizaremos charlas e obradoiros ao longo do curso tendo en conta a nosa ruta de viaxe.
Nesta ocasión visitaron o noso centro algunhas familias peruanas:
Creamos uns pequenos llaveiros co logo do noso colexio coa cortadora láser para entregarlles como agasallo ás familias que viñeran a colaborar con nós para achegarlles aos peques a gran diversidade de culturas das que formamos parte e o noso cole é un exempolo disto:
Tamén realizaron un intrépido circuito polo río Amazonas grazas ao profe de E.F.
Tamén, o alumnado de 6º de Primaria coñeceu mulleres que fixeron historia en Latinoamércia e gravou na radio un programa sobre as mulleres invisibilizadas durante a colonización de América do Sur:
Os pequeniños de Infantil ao longo deste mes tiveron varios talleres de cociña típica de Latinamérica coa axuda das familias que visitaron as clases para transmitirlles un pouquiño as súas tradicións culinarias:
O alumnado de 6º preparounos un programa moi especial onde nos amosou lugares de interese de América do Sur:
Rematamos o mes coa exposición sobre Latinoamérica cos traballos finais das diferentes investigacións realizadas nas aulas:










