24 oct 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
22 oct 2023
DÍA DAS ESCRITORAS
15 oct 2023
OUTUBRO: ASAMBLEA DE REINOS E RETO 2
Reto 1.......CONSEGUIDO!!!!!! O dragón Vatra xa ten menos poder porque perdeu unha das súas escamas, en custodia de Libruxa na urna sagrada.
Cada reino xa ten o seu nome e o diseño do seu estandarte!!!!
-3 anos A: Reino das Tartarugas
-3 anos B: Reino das Bolboretas
-4 anos A: Reino Leónidas
-4 anos B: Reino Tornado
-5 anos A: Reino dos Trasnos
-5 anos B: Unirreino
-1º A: Reino das Estrelas
-1º B: Reino Nimbus
-2º A: Os Lumínicos
-2º B: Porcus Tenebris
-3º A: Reino Salvaxe
-3º B: Vistamáxica
-4º A: Reino dos Xabaríns
-4º B: Reino da Ave Fénix
-5º A: Reino de Narpelia
-5º B: Reino das Ideas
-6º A: Reino de Ursi Maris
-6º B: Loquis Mare
O bruxo sae do seu escondrixo para darlle a Libuxa o RETO 2 e convocar unha nova asamblea na fortaleza dos troncos. Alí debatirase sobre o que hai que facer para cumprir o reto en prazo e quitarlle ao dragón a segunda escama. Tamén é o momento de presentar os ESTANDARTES xa co diseño finalizado. Moito esforzo e moi bo traballo. Libruxa está orgullosa!!!!
QUE SUCEDE NOS REINOS?
E mentras tanto, nos distintos reinos imos entrando en materia e coñecendo un pouquiño non só sobre os dragóns e a nosa cultura popular, se non tamén sobre a Idade Media e cómo era a vida naquela época.
Os pequechos andan a aprender os oficios antigos que se remontan á época medieval e algúns están a piques de desaparecer. O alumnado de 4 anos convertiuse en panedeiros e panadeiras por un día e qué rico lles saiu o pan!!!!!
Outro día, convertíronse en pequenos agricultores e foron sacándolle as vainas ás fabas para facer unha rica ensalada. Alimentación rica e saudable, como antigamente!!!!
SETEMBRO: ASAMBLEA DE REINOS E RETO 1
Chegou o momento, o bruxo xa lle deixou a Libruxa o RETO 1. Para poder levalo a cabo convocamos aos representantes dos 18 reinos á 1ª asamblea na fortaleza de troncos. Alí lerán o primeiro reto e debatirán sobre o que significa "estandarte", cómo poden diseñar os seus emblemas, que é un "reino"....
Logo, voltarán á clase e explicaránlles ao resto dos habitantes do seu reino cal é o reto 1 e todos aqueles acordos aos que se chegaron na asamblea.
Xa estamos listos para planificar, diseñar e crear o estandarte e darlle un nome a cada reino!!!! Deste xeito poderemos sacarlle a primeira escama ao dragón e metela na urna sagrada custodiada por Libruxa, de onde non voltará a saír.
Resumo reto 1-2 |
PRESENTACIÓN XOGO DE REINOS
Libruxa estivo estes días preparando a presentación do proxecto. Ademáis do vídeo do 1º día para a comunidade educativa, atoparedes os obxectivos do PDI, o itininerario lector para ir selando a medida que se vaian lendo as suxerencias nas titorías, unha bibliografía sobre os dragóns e a Idade Media, para ir entrando en materia e que se atopará exposta no recanto do proxecto. Tamén iremos incluíndo os diferentes retos que terán que superar @s nen@s para derrotar ao dragón Vatra.
BENVIDOS A XOGO DE REINOS!!!!!
REMATAMOS: GUÍA DE VERÁN E REVISTA VISTALEGRÍN
Imos rematando un curso máis e, como sempre, Libruxa quere deicarvos unha pequenas recomendacións lectoras para o verán.
Asimesmo, publicamos a nosa revista Vistalegrín!!!