Páginas

24 may 2026

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 

      Como todos os anos preséntase o lema das Bibliotecas Escolares coa axuda do cartel: unha viaxe ao deseño e á creatividade. 

     Este é o mes no que abrimos oficialmente a nosa biblioteca, recordamos aos vistalegríns os buzóns de Libruxa na entrada de cada aula onde poder escribir alí as súas suxerencias e o emprego dos "caixóns lectores" para as auals, as mochilas viaxeiras comezarán a súa viaxe e colocamos a bibliografía e material audiovisual axeitado para o desenvolvemento do proxecto no stan da axencia de viaxes, á entrada da nosa biblio. 







      Buzóns de Libruxa nas portas das aulas listos para recibir as invitacións para a Axencia de Viaxes e as suxerencias do alumando. 



         O expositores de novidades e temáticos, así como o stan na axencia cos "libros do mundo", tamén revistas, xa están a pleno rendimento para ir cambiando segundo vaian chegando novos libros e as diferentes conmemoracións: 




       Tamén aproveitamos este mes de outubro para ir presentando un pouquiño máis do noso proxecto ao alumnado como son os obxectivos e a metodoloxía e recursos cos que imos a contar: 




        A primeira guía lectora que Libruxa realiza sempre está directamente relacionada coa temática do PDI, polo que se lles entrega a tod@s @s viaxeir@s e de seguro lles axudará nas súas búsquedas e investigacións. 

Viaxes literarios. bibliografía by Nazareth


    Do mesmo xeito, Libruxa elabora un itinerario lector anual para que nas titorías se vai cumprimentando e lendo a medida que se van realizando as diferentes viaxes, organizándoas como mellor conveña nas aulas, pero principalmente na hora de ler de cada día. 


           Este mes Libruxa tamén fixo entrega dos Pasaportes Viaxeiros para que o alumnado os vaia preparando para empezar as súas viaxes e poder selalos cando as remates: 


Pasaporte Viaxeiro (3) by Nazareth





          Aquí xa podedes ver algún cuberto, e o alumnado visitando as exposicións para ir cubríndoos pouco a pouco: