Páginas

15 feb 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022: 23 DE FEBREIRO

  


   Este é o cartel escollido pola AELG para conmemorar este ano o Día de Rosalía, baixo o lema SEMENTADE PENSAMENTOS. No mesmo cartel, aparecen unhas palabras de Rosalía que ben poden encaixar perfectamente coa nosa seguinte conmemoración do 8 de marzo, Día da muller, e que abre o manifesto da escritora Beatriz Maceda Abeleira:

    "EU SON LIBRE. NADA PODE CONTER A MARCHA DOS MEUS PENSAMENTOS, E ELES SON A LEI QUE REXE O MEU DESTINO." 

      Dar renda solta aos pensamentos, á liberdade a través das palabras e das diferentes linguas que tecen a nosa diversidade cultural, sen fronteiras, pola igualdade e polo respecto ás persoas e á natureza...porque sen unhas non existirían as outras. 

     Así Rosalía agasallounos coa súa voz, a súa palabra, os seus versos cheos de sentimentos, de forza, de coraxe, de emoción...polo que agora, Libruxa proponnos dar voz a eses versos cun "maratón rosaliano" que, ao longo desta semana, nos leve a reflexionar e a sementar pensamentos. 

     

Día de Rosalía 2022 by Nazareth

   Animádevos a sementar os vosos pensamentos a través dos versos de Rosalía, empregando a lingua, a palabra e a liberdade de imaxinación e creación!!!!

   O alumnado de 6ºB foi sementado pensamentos ao longo deste mes e este é o resultado: 






   No blog da radio, atoparedes os podcasts dos recitados que o alumnado de infantil e 1º ciclo fixeron dos poemas elexidos de Rosalía: 

                     maratón rosaliano

13 feb 2022

ACRÓSTICO DE AMOR Á NATUREZA

 


   O amor á natureza ensina aos máis pequen@s a ser máis respetuosos co medio ambiente a a biodiversidade. É importante que aprecien a natureza e contribúan co seu coidado e preservación. 

      Dentro do reto 3 do PDI "Preserving Nature", Jan e Libruxa propuxéronnos facer uns pequenos obradoiros poéticos collendo os nomes das nosas árbores autóctonas que cada clase xa ten asignada dende principio de curso, e xa investigou sobre elas no 1º trimestre, e transformalos en acrósticos de amor á natureza, protexela, coidala e querela ben.  

Acrostic o Am Or by Nazareth


   Neste genially podedes ver o resultado. Ademáis estarán expostos no recanto da natureza na entrada da biblio: 


Ademáis aquí tedes o link para o libro de historias que fixemos cos nosos socios europeos: FRIENDS FOR OUR PLANET!

RADIO NA BIBLIO: BUSCAMOS MÁSCOTA


    

    Este curso concedéronnos o programa "Radio na Biblio", para a introducción da radio nas bibliotecas escolares, co obxectivo de crear pequenas emisoras ou laboratorios radiofónicos dentro do contexto educativo; polo que xa dispoñemos dunha ferramenta máis de aprendizaxe e dun espazo que funcione como un centro creativo que favoreza a alfabetización múliple do noso alumnado. 

   Como aínda estamos empezando, o primeiro que nos gustaría é que participasedes no concurso que Jan e Libruxa propoñen para axudarnos a darlle forma á mascota para a radio, e que será o seu compañeiro/a para as futuras andainas. Animádevos a participar!!!!!


ACFrOgBrqg2MCQ1Tgc0vc0Q2eHH... by Nazareth





No blog da radio atoparedes todos os debuxos participantes e o gañador: 

      

                 Concurso para a mascota da radio

   

PLUMAS POLA PAZ


          Plumas por un planeta limpo, sen contaminación; plumas polo restecto á natureza, ao coidado dos nosos montes; plumas pola cocienciación medioambiental, en definitiva, plumas pola vida. 




   Ademáis, contamos coa colaboración de André, profe de música, xunto con Marcos e Veróncia, profes de inglés, para versionar a canción "Imagine" dos Beatles, nun "Imagine medioambiental" moi especial, xa que está cantada polos nenos e nenas do cole. 


PDI "Preserving Nature": As nosas historias sobre a natureza e Outros Proxectos...

 

  Libruxa e Jan propuxéronnos ao comezo de curso que investigasemos sobre unha árbore ou planta que habita nos nosos montes. Así, cada clase elaborou un DNI da árbore que se lle asignou ademáis de decorar a porta da súa aula. Aquí tedes o traballo realizado. Esperamos que vos guste



Como sempre, algúnhas aulas, ademáis do proxecto de centro, realizan as súas pequenas investigacións en miniproxectos. Neste caso, tocoulle á clase de 5 anos, que estivo o 1º trimestre coñecendo a figura de Frida Kalo. 


   

Tamén @s peques de 4 anos investigaros sobre os alimentos e as comidas do mundo: 




   e @s pequeniñ@s de 5 anos elaboraron unhas deliciosas trufas


    Ademáis, algúns cursos, ao longo do 1º trimestre, elaboraron en pequenos talleres de creación pequenas historias sobre a protección da natureza: 

    2ºA: O trasno da fraga



  2ºB:   "Pesadelo no monte"



6º de Educación Infantil: "O problema de Valentino" 


  "A salvación da fraga", escrito polo alumnado de 4º e ilustrado polo alumnado de 3º e 4º de Primaria: 
  "Salvando o Monte Castelo", con guión elaborado por 6º B, texto escrito por Ainara de 6ºB e ilustrado polo alumnado de 6º: 
  "Salvemos o Monte Castelo", con guión elaborado por 6ºB, texto escrito por Jimena de 6ºB e ilustrado polo alumnado de 5ª de Primaria: 
   Poemas sobre o LOUREIRO, creados polo alumnado de 6ºB :