Páginas

28 may 2026

ANIMACIÓN: AS AVENTURAS DE TOM SAWYER


      O alumnado de 4º de primaria tamén estivo moi ocupado preparando a súa orixinal adaptación deste clásico da literatura norteamericana. En abril, no mes do libro, a través das viaxes lectoras polo mundo, coñeceron "As aventuras de Tom Sawyer" e decidiron facer unha representación teatral do mesmo. Tamén aprenderon sobre a época na que sucede, un pouquiño antes da guerra de secesión en Norteamérica, nun lugar ficticio preto do río Misisippi inspirado en Hannibal (Missouri), onde medrou o autor.  
       É moi emocionante ver como pouco a pouco se van consolidando no cole este tipo de actividades de dramatización que tanto axudan ao noso alumnado no seu proceso de aprendizaxe non só da lingua, da escritura ou da expresión corporal e oral, se non tamén axuda a crear máis lazos afectivos entre os compañeiros, a perder o medo escénico, a elaborar o vestiario, a fomentar o interés e motivación pola lectura, a autocrítica, a resolución de conflictos e toma de decisións....