Pouco a pouco fumos dando un percorrido polos diferentes continentes do mundo, facéndonos partícipes da súa diversidade cultural, xeográfica, política, natural, lingüística...Todo o que fumos aprendendo quedou visible nas exposicións que se poden ver polos corredores dos dous edificios.
Imos rematando a nosa viaxe polo mundo. O destino lévanos agora ao último continente que nos queda por visitar. Libruxa xa convocou aos representates do nivel a vir á súa axencia de viaxes para a derradeira reunión e un novo reto para conseguir a tarxeta de embarque: un pasapalabra sobre Europa
-Destina: Oceanía
-Data de Saída: 25 de maio
-Data de Chegada: 17 de xuño
-Categorías: por niveis
Estamos agora a viaxar por Oceanía, centrándonos entre outros na cultura locas maorí (Nova Zelanda) e o respecto que profesan pola protección da natureza. A súa conexión coa terra provén de crenzas míticas que coñeceremos a través de libros, lendas e visionado dalgunha película. Oceanía coñécese ademais de polas súas paisaxes exóticas, pola súa vida mariña e a protección da gran barreira de coral, tan importante para os nosos ecosistemas. Así que, para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente a primeira semana de xuño poñerémonos todos mans á obra e acudermos a limpar as praias e algunhas áreas de monte da nosa contorna. A modo de protesta e acto de concienciación polo lixo vertido nos océanos de todo o mundo e que vai a parar ás nosas praias crearemos algunha peza escultórica no patio con todo o material de refugallo que poidamos traer da limpeza do litoral: "un mundo de refugallo".
Recordade tamén os eco-retos que estivéstedes a facer ao longo de todo o curso e que nos fustes enviando ao cole (Programa Voz Natura) para convertirvos en viaxeiros responsables e sostibles.
Relacionada co mundo mariño, o alumnado de 4º de primaria participou nunha actividade de piragüismo.
e tamén o alumnado de 4º disfrutou dunha mañá de surf na Praia de Abrela!!!
O alumnado de 4 anos degustou "pan de fadas" feito por eles, un prato típico de Oceanía nos cumpreanos.
Coa impresora 3D, ademáis de facer os selos dos pasaportes e outras creacións para as aulas, diseñáronse os animais de Oceanía como parte da exposición na categoría de "flora e fauna":




