Páginas

26 may 2026

OUTRAS VIAXES MOI INTERESANTES


 

      Neste trimestre @s peques tamén viviron outras aprendizaxes que lles resultaron moi interesantes. Os máis pequeniños de 3 anos vendimiaron, fixeron a "esfollada do millo" ou participaron nun circuíto de educación vial e tamén visitaron a aula de Polos Creativos.


      Noutras clases de infantil visitaron a aula de Polos Creativos e robótica, disfrutaron pintando cos pés ou investigaron sobre os medios de transporte para poder viaxar.



      O alumnado de primaria tamén tivo outras experiencias moi interesantes: diversión a través dos xogos de mesa, investigación sobre o universos coa realización dunha exposición de maquetas, diversas saídas pola contorna ou actividades para fomentar un estilo de vida máis saudable. 

     
      Todas estas actividades, saídas, colaboracións....forman parte do noso día a día nas aulas onde a biblioteca axuda a construír todos os aprendizaxes e a fomentar un espíritu de búsqueda e curiosidade; pero sobre todo ver aos peques motivados aprendendo e descubrindo.