Páginas

21 feb 2018

ROSALÍA: "ABRIDE A FIESTRA"

    A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) convídanos a celebrar o Día de Rosalía con accións colectivas de difusión da súa obra baixo o lema da proposta "Abride a fiestra"

       Como non, Libruxa quere sumarse a esta iniciativa e abrir as fiestras da biblioteca a unha das mellores escritoras galegas. Deste xeito, proponvos elaborar, nun soporte que poida colgar nunha fiestra (tela, cartolina, fieltro, platos de cartón, goma-eva...), algún elemento iconográfico ou representativo de Rosalía acompañado dalgúns dos seus versos que o alumnado de cada clase vai escollendo coa axuda dos libros que como sempre estarán no expositor temático. 

         No buzón de Libruxa apareceu unha nova carta:

   Rosalía by Nazareth on Scribd

         Aquí deixamos tamén material que pode servirvos de axuda ou darvos algunha idea: 


Dende Youtube: 



  




 Elaboramos estes PDFs por si algúen quere empregalos tanto na aula para traballar a figura de Rosalía como na elaboración do seu soporte da fiestra:








   Retrato s by Nazareth on Scribd


   Este curso a ANPA do cole tamén quixo colaborar coa Biblioteca na celebración do día de Rosalía:


  •   Repartiu unhas fermosas pegatinas cunha frase de Rosalía 


  •  Elaborou un cartel para poñer en distintos lugares do centro


  • Creou un colgador de portas das habitacións coa imaxe de Rosalía para que o alumnado o decorase por detrais con dibuxos ou versos da escritora. 















  Algunhas clases como as de 6º tamén fixeron os seus propios murais coas lecturas dos poemas rosalianos:



 E así fumos abrindo as nosas fiestras a Rosalía. Primeiro a través de presentacións en imaxes e power points e despois ir construindo as nosas pequenas fiestras: 

                 










Despois duns días así quedaron as fiestras da nosa biblioteca, CHEAS DE ROSALÍAS!!!!



        








    

17 feb 2018

CHEGOU O MECO!!!!




    Chega o entroido ao cole e con el as ganas de festa e de disfrazarnos. Este curso decidimos que os nosos disfraces estivesen relacionados co PDI do centro sobre os musicais: MÚSICA E TEATRO, cuxo culmen final será o festival de fin de curso coa representación dramatizada musical da banda sonora de cada película elexida por cada curso para o seu disfraz. A ver si adiviñades de cales se tratan!!!
















  Agora quedan uns meses por diante de ensaios para preparar o noso musical final. Esperemos pasalo moi ben!!!

 O venres xa aparece de sorpresa o Meco coa primeira proposta para a semana de entroido. Cada día teremos que ler as rimas que se elaboraron para ir acumulando no noso disfraz. Este Meco da moooito medo!!!!!









UN RETO POLA PAZ: MANNEQUIN CHALLENGE






   Para celebrar o Día da Paz propuxémonos un reto a través dunha técnica teatral, a do MIMO, que adaptamos para a actividade: ser capaces de manternos inmóviles mentres os profes Jorge e Marcos nos gravaban amosando diferentes actitudes contra a violencia e a favor da paz.

   Así que tivemos que poñer en marcha toda a nosa creatividade e inxenio para dar forma a este mannequin challenge onde conxelamos os nosos desexos de paz:




   Non podía faltar as lecturas pola paz, nos expositores da biblioteca, para que todos poidan traballar na mesma biblio ou nas súas aulas este tema a través dos libros.



  Nalgunhas aulas fixeron murais que despois decoran os nosos corredores: