Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta 25 novembro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25 novembro. Mostrar todas las entradas

29 abr 2024

EN PÉ DE GUERRA!!!!!


    

   Este ano todos os reinos quixeron deixar as súas pegadas e poñerse en pé de guerra, porque non hai mellor maneira que unirse e loitar contra esta lacra social que temos que ir eliminando dende ben pequeniños. Libruxa quixo contar, como non, coas pegadas e as mensaxes das familias.    



    Dende o Reino de Libruxa os seus axudantes tamén elexiron unhas poucas lecturas para acompañarnos nas horas de ler: 



    Chegou o día de colgar o noso fío violeta no cole: 


    


     Ademáis, o alumnado de 2º de Primaria tivo a visita das monitoras de Gaia para realizar un taller de chapas xunto cunha pequena charla-presentación sobre o tema:  


24 mar 2020

25 DE NOVEMBRO, POLA IGUALDADE E A NON VIOLENCIA



    Como todos os anos, o 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero, e nós dende do cole queremos incidir na idea de educación en igualdade. 

     Para conmemorar este día, cambiamos o noso expositor temático e propuxemos lecturas en igualdade, moitas das cales aparecen na guía que se entregou aos nen@s:


      Ademáis Libruxa deixou nos buzóns unha nova carta coa proposta de actividade para ese día: 


     
    Como vedes, a actividade que propuxemos dende a biblioteca é ben sinxela: "Mensaxes no fondo do mar". Os nen@s terían que escribir unha mensaxe de non violencia e igualdade de xénero e metelas nun cofre debaixo do noso mar. Á volta do recreo cada nen@ collería unha mensaxe dese cofre e leríanse todos nas aulas, falando e debatindo sobre o tema. 
   Previo a esta actividade proponse ao longo da semana anterior a visualización de catro cortos que nos pareceron interesantes e moi adecuados para traballar este tema cos máis pequenos e non tan pequenos:

Superlola

Lalo, el príncipe rosa

Purl

La muñeca que quería conducir
     Despois de visualizar e reflexionar sobre as distintas situacións que se presentan nestas curtas, o luns 25 xa estamos preparados para crear as nosas mensaxes e metelas no cofre do fondo do mar:



   Algunhas desas mensaxes quedarán expostas no barco da diversidade que hai no pasillo de 1º ciclo:





















13 nov 2013

25 de novembro DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvistaalegre/node/277



Seguimos asistindo a unha das violacións dos dereitos humanos máis xeneralizada, a violencia contra as mulleres.
Nestes días chegounos o dato que seis de cada dez rapazas son insultadas ou maltratadas no seu móbil ou correo electrónico.
Debemos crear conciencia e promover acción que poñan fin a este feito.
O 25 de novembro conmemórase o "DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"
Preme na imaxe para ver diferentes recursos que recopilamos desde a biblioteca.

26 dic 2012

TRABALLAMOS A IGUALDADE E OS DEREITOS DA INFANCIA






Podedes ver unha pequena mostra dos traballos feitos relacionados co tema da Igualdade e tamén dos Dereitos da Infancia

23 nov 2011

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES





A violencia contra as mulleres preséntase de variadas maneiras e afecta a moitas persoas do mundo. Dende a escola traballemos para acabar con esta lacra social.
Agradecemos á biblioteca do Ceip Víctor Saenz a súa recopilación de recursos e ao Ceip Andrade este conto da " BRUXA PANDORA", unha compañeira de LIBRUXA .

25 nov 2009

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA ÁS MULLERES




Todas as Bibliotecas Escolares de Galicia traballamos na sensibilización dos que mañá serán homes e mulleres. Temos a obriga de educar nos valores que axuden a crear os hábitos de respecto necesarios para poñer fin á VIOLENCIA; a calquera clase de violencia.
LIBRUXA da as grazas ás bibliotecas do IES Río Cabe e do CEIP de Pazos, así como a todas as demais, por facilitar e compartir todo o traballo que fan.

15 nov 2009

25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

RECOMENDÁMOSCHE:

UNA FELIZ CATÁSTROFE


Conto para dialogar sobre a desigual distribución dos traballos eresponsabilidades entre homes e mulleres na vida cotiá.

ROSA CARAMELO

Conto para reflexionar sobre as actitudes discriminatorias coas nenas.
Cóntanos que as nenas e os nenos somos iguais.
Na biblioteca tamén atoparás libros relacionados co tema.

24 nov 2008

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

"Aprende a resolver os conflitos sen violencia. Transmitámoslles aos nenos e ás nenas habilidades para a convivencia cos valores de igualdade e ensinémoslles a falar das emocións propias e das alleas con naturalidade"
Defendamos o dereito de toda persoa a vivir sen violencia, sen malos tratos. Acabar coa violencia contra as mulleres é tarefa de toda a sociedade, de homes e mulleres.