Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta semana da prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta semana da prensa. Mostrar todas las entradas

27 may 2026

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA


    As nosas aulas enchéronse de periódicos, noticias, publicidade....

    O alumnado de 2º de primaria estivo buscando e lendo noticias do mundo e dos lugares aos que fumos viaxando, a ver qué pasaba por alí!!! Algunhas noticias non eran moi boas, pero isto tamén forma parte da realidade e deben coñecer tamén qué está a pasar no mundo no que viven. 
    Logo de falar e debatir sobe noticias que ían atopando, decidimos recortar palabras que nos chamasen a atención e pegalas para facer uns paneis e empregalos despois como material de aula para escribir ou contar historias, facer definicións...




















    Asimesmo, o alumnado de 4º elaborou un noticieiro que repartiu polas clases en formato papel pero tamén está colgado na páxina web do cole, no blog de 3º e 4º: 


                                                                  (preme na imaxe)

8 may 2025

MARZO: CINCENTA


     

     Coa chegada do novo mes, toca outra nova historia. Pouco a pouco a porta da biblioteca xa se vai enchendo de libros cos personaxes que xa voltarons aos seus contos. Os Vistalegríns están conseguindo superar todos os retos!!!

       É o momento de Cincenta. Libruxa convoca aos representantes para o Consello dos Contos.





            - Conto elexido: Cincenta.
            - Obxecto máxico: un zapato 
            - Reto final: Soñar é desexar 

      A través deste conto queremos salientar o esforzo, a perseverancia e o optimismo da protagonista para conseguir aquelo que persegue, no seu caso cun pouco de axuda máxica. Ademais, nesta historia volvemos a ver eses comportamentos tradicionais que se espera que realicen as mulleres e os homes segundo o que a sociedade “asigna” a ambos sexos a través duns roles de xénero claramente tipificados. Como contraposición a estes estereotipos reforzamos a idea de equidade de xénero onde se elimina a discriminación e os dereitos, responsabilidades e oportunidades non se determinen en función a si se nace muller ou home, se non en función da nosa valía persoal. 

 Mes da poesía: Adaptaremos a canción das sete palabras máxicas “Bididi-Badidi-Bu” da película de Cenicienta nun correversos onde reescribiremos os seus versos con pareados máxicos para cambiar esas actitudes patriarcias cara a muller e favorecer outras de igualdade, así como salientar os valores positivos que tamén transmite o conto.

           

     






     Aproveitamos tamén a simboloxía máxica do conto para celebrar o Día da Muller, nesta ocasión collendo o zapatiño de cristal como referente. Crearemos nas zonas verdes do cole un "Xardín da Vida", visibilizando a muller como creadora de vida.  Deberán traer da casa un "zapato máxico" no que plantaremos a semente dunha nova planta. Con todos os zapatos crearemos un xardín no cole. 

















MES DA PRENSA: O alumnado máis maior encargouse de elaborar unhas ENTREVISTAS DE CONTO!!!!



  Despois do avance, o programa enteiro: 



   Ademáis, crearon un noticieiro con noticias divertidísimas sobre diferentes personaxes dos contos: "Contos á Vista. Un telexornal de conto"





   Aquí vos deixamos tamén o noticieiro en versión prensa escrita:

17 may 2023

REPORTEIROS POR UNHA SEMANA

 


     O alumnado de 5º e 6º converteuse en reporteiros por uns días e foron confeccionando varias noticias relacionadas co pobo e co centro, que foron retransmitindo no canal Televistalegrín....

     Elaboraron tres programas televisivos moi especiais nos que conversaron sobre as diferentes conmemoracións, charlas e saídas e outros temas varios....







   Así o recolleu o equipode TICs para as redes sociais: 





23 mar 2022

SEMANA DA PRENSA: O MEDIOAMBIENTE É NOTICIA


 

     Como cada ano, en marzo celebramos a semana da prensa na escola. Repartimos xornais polas aulas e traballamos as noticias nas clases, dende os pequeniños de infantil ata os maiores de primaria. 

     Este curso, tocoulles aos nen@s de 2º Ciclo presentarnos algunha noticia elaborada por eles sobre as actividades mediambientais que se están a levar a cabo no cole dentro do proxecto de centro, actividades reais sobre a natureza que atoparon na prensa...Estas noticias incluiránse xa na nosa revista "Vistalegrín" a finais de curso e tamén se gravarán para a canle de radio en podcasts. 


      Ademais, como xa comezamos o reto 4 sobre a reciclaxe, nalgunhas clases elaboramos traballos de plástica reciclando papel de xornais vellos que fumos gardando. 





   Estas son algunhas das noticias elaboradas durante a semana da prensa na escola polo alumnado de 2º ciclo: 


10 abr 2021

O XACOBEO NA PRENSA ESCRITA E ONLINE


   A "Semana da Prensa na Escola" é unha conmemoración que aparece no calendario escolar dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula. 

  Nesta ocasión dividimos esta actividade en dúas partes: 

Semana Da Prensa by Nazareth

   Algunhas noticias virtuais sobre o Xacobeo 2021: 

- Galicia ilumina o Camiño

- El Camino se ilumina de azul y amarillo

- Xacobeo 2021

- El Plan Xacobeo...

- Compendio de noticias Xunta de Galicia




    Tamén houbo algún que outro "taller de prensa" na biblio onde os alumnos de 5º de Primaria prepararon unha entrevista á raíña Isabel que acaba de chegar a Santiago despois de facer o Camiño:
 
    

      @s peques de 4 anos elaboraron un "Noticieiro dende o Vista" moi especial:

 

    Xa no terceiro trimestre, despois de facer o seu tramo do Bureleo, os nenos e nenas de 4º de Primaria elaboraron tamén as súas noticias sobre esta experiencia: 






21 abr 2019

MARZO CON MOITAS PROPOSTAS



    Entrados xa en marzo, chega un mes cargado de actividades para a biblioteca escolar. Parece que se vai xuntando todo...uffff!!!!

     Moi relacionado co noso proxecto de centro, polo que nos pareceu moi interesante, o 7 de marzo visitaron aos nen@s de 2º de primaria os Bolechas.  A Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e lectrónicos. Para axudar nesta importante tarefa, os Bolechas convertéronse nos Electrecos, superheroes da reciclaxe de RAEE. 

    Serán os encargados de explicar de forma amena e didáctica pautas e coñecementos para o correcto tratamento dos residuos, ao tempo que recrutan novos superheroes no alumnado do cole para formar un gran movemento de eco-heroes da reciclaxe e defensores do coidado do medio ambiente. 





  E así o pasaron de ben:









 Ao día seguinte, o 8 de marzo, celebramos no cole o Día da Muller.
 


        Ademáis do cambio de expositor temático coas propostas lectoras de Libruxa para estes días:



     e despois de moito pensalo, decidimos que para conmemorar este día sería interesante que o noso alumnado coñecese a mulleres que tivesen algún tipo de traballo relacionado co monte e o seu coidado. Moitos destes traballos ata fai pouco tempo reservados única e exclusivamente aos homes.

       Realizadas as xestións pertinentes, viñeron dúas gardas forestais, Carmen para falarlles aos máis pequenos do cole e que xa coñeciamos na nosa excursión á Fraga Vella no 1º trimestre e que se encarga, entre outras tarefas, do coidado da reserva de venados da zona; a outra gardabosques, Isabel Calveta, que lles falou aos maiores, entre outras cousas a problemática dos incendios e as súas consecuencias.


                   












  En marzo, tamén participamos, como todos os anos, no Programa Prensa-Escola que organiza La Voz de Galicia, polo que organizamos un pouco a nosa Semana da Prensa na Escola do 11 ao 15 de marzo
       
    Aquí vamos deixando algúns enlaces que vos poden interesar:


    
   
    

    


  
    Pensando nesta semana, pareceunos interesante xa case dende principios de curso facer unha busca de noticias actuais sobre os nosos montes, contaminación, deforestación, accións ambientais saudables, acordos internacionais...un pouco ir botando unha ollada na prensa diaria sobre aquelas novas relacionadas co medio ambiente que poidese servir de base para elaborar nós a noticia sobre un logro medioambiental que nos gustaría ver escrita na prensa algún día.

   Este foi o resultado:











     Tamén elaboramos para os máis pequenos do cole un imprimible para convertilos en "Pequeperiodistas".

    
    
  





















 E xa vamos rematando marzo...

   Xoves, 21 de marzo, Día da Poesía
  
   Xa de cheo entrando na primavera, ademáis de cambiar o mural de inverno por outro moitos máis primaveral plasmando follas en negativo, decidimos cambiar as "Follas para Rosalía"  e encher a nosa árbore de "Flores de poesía". 


 Pensamos en que os nen@s xogasen coas palabras e desen renda solta á súa creatividade. A proposta da biblio para a semana da poesía foi elexir algún poema ou autor dos libros do expositor temático e nas sesións na biblio levar a cabo unha serie de talleres de escritura creativa onde creasen novos poemas elexindo diferentes estratexias poéticas: pareados orixinais, acrósticos, caligramas, continuar algún poema coñecido, coller diferentes versos do mesmo autor e crear un poema novo sen cambiar ningunha palabra deses versos, simplemente mesturándoos buscando rimas novas, coller palabras de versos coñecidos que rimen e crear un novo poema....

    Para esta actividade, as propostas de Libruxa foron as seguintes:


   As nosas árbores poéticas foron quedando así: