Burela
11 de Setembro de 2013.
Bos días a tod@s!
Que tal, rapaces e rapazas do CEIP Plurilingüe Vista Alegre?
Aquí estamos tod@s de novo, coas pilas ben cargadiñas de enerxía positiva para
aproveitar este curso que agora comeza. Verdade que sí?
Alégrome moito de vervos. Espero que disfrutárades moito das
vosas vacacións, e que seguírades o meu consello dedicándolle parte do voso
tempo estival a ler algún libro/conto.
Lembrade que aquí estarei, na Biblioteca Libruxa, cos meus
novos colaboradores nos recreos para facer o préstamo, e un novo equipo de
Biblioteca que continuará a traballar para mellorala. Deste xeito poderemos
ofrecervos textos variados, tendo en conta os vosos gustos lectores (cómic,
poesía, aventuras, humor…), e textos que satisfagan a vosa curiosidade con
respecto á natureza, á ciencia, a fenómenos meteorolóxicos...
Sen máis, e esperando verbos pola Biblioteca, despídome polo de
agora.
Próximamente avisaremos a través d@s vos@s titores/as da
data oficial de apertura da BIBLIOTECA LIBRUXA para que den comezo as
actividades con normalidade que nela se desenvolverán.
Grazas
a tod@s e… Benvid@s!
Asdo:
LIBRUXA e o Equipo de Biblioteca.