Viaxar seguras e libres de toda discriminación, intolerancia e prexuízos sería unha meta a conseguir n mundo de hoxe en día. Baixo o lema "Nin golpes que marcan, nin palabras que calan" queremos simbolizar a nosa propia visión dunha "viaxe violeta".
Coa axuda de diferentes lecturas e visualización de curtas na semana anterior, o alumnado creará mensaxes que enfiará en cometas violetas.
O 25N, nun acto simbólico, esas cometas entregaránselle a Libruxa para decorar o seu globo e coa axuda do alumnado crearase con letras o lema deste día:
Primeiro os nen@s de 6º léronnos un manifesto contra a violencia de xénero
Despois fumos entregando as cometas para conformar o globo violeta:
Finalmente, creamos a mensaxe coas diferentes letras escoitando de fondo a canción de "Más besos":
Logo as cometas violeta quedaron nos corredores dos dous edificios:
Tamén, dende o mes de outubro e ao longo de novembro, contamos con talleres pola igualdade organizados en colaboración coa ANPA distribuídos por ciclos:
-infantil e 1º ciclo: xogos musicais
-2º ciclo e 5º de primaria: bailes coeducativos
-6º primaria: actividades na radio
Como parte desta actividade na radio o alumnado de 6º aproveitou que estaban investigando sobre a colonización en Latinoamérica e as súas repercusións para coñecer ás mulleres invisibilizadas e pouco coñecidas naquela época pero que igualmente tiveron un papel relevante. Non vos perdades este podcast:








.jpg)








