No mes de febreiro, como sempre, toca celebrar o Entroido. Esta é unha data que aos máis peques lles encanta e nós desfrutamos con eles, aínda que tamén é un momento de moito traballo coa elaboración de todo o que precisamos para os disfraces.
Comezamos coas ordes do Meco-explorador que prepararon os voluntarios da biblio de 6º de primaria, e que xa publicamos para que dende as casas vaian preparando toda a indumentaria requerida:
Este ano no Entroido coexistiron as distintas culturas. Foi un entroido cheo de diversidade e multiculturalidade xa que os nosos disfraces representaron as diferentes formas na que se expresan as culturas nos distintos continentes: dende animais e tribus africanas, animais polares, ritmos cubanos, gondoleros venecianos e damiselas de época, indios e rancheiros do oeste, pasando polos deuses exipcios, chinos e peruanos, ata o exotismo de Belice ou Hawaii.
Foi unha labor artística e de deseño no que intentamos homenaxear o patrimonio cultural do noso planeta.
