Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta animación lectora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animación lectora. Mostrar todas las entradas

31 may 2026

ANIMACIÓN LECTORA: SABELA FERNÁNDEZ TRELLES


          O 12 de xuño visitará o noso cole Sabela Fernández Trelle para falarnos sobre dous libros que propuxemos no noso itinerario lector deste curso: 


Ese mesmo día, tamén acompañou ao alumnado de 3º e 4º de primaria que leron "Miña avoa, miña heroína", para falarlles sobre o libro e compartir as vivencias do mesmo:

28 may 2026

ANIMACIÓN: AS AVENTURAS DE TOM SAWYER


      O alumnado de 4º de primaria tamén estivo moi ocupado preparando a súa orixinal adaptación deste clásico da literatura norteamericana. En abril, no mes do libro, a través das viaxes lectoras polo mundo, coñeceron "As aventuras de Tom Sawyer" e decidiron facer unha representación teatral do mesmo. Tamén aprenderon sobre a época na que sucede, un pouquiño antes da guerra de secesión en Norteamérica, nun lugar ficticio preto do río Misisippi inspirado en Hannibal (Missouri), onde medrou o autor.  
       É moi emocionante ver como pouco a pouco se van consolidando no cole este tipo de actividades de dramatización que tanto axudan ao noso alumnado no seu proceso de aprendizaxe non só da lingua, da escritura ou da expresión corporal e oral, se non tamén axuda a crear máis lazos afectivos entre os compañeiros, a perder o medo escénico, a elaborar o vestiario, a fomentar o interés e motivación pola lectura, a autocrítica, a resolución de conflictos e toma de decisións....












MES DO LIBRO: ANIMACIÓNS LECTORAS


 

       Neste mes tan literario non podía faltar algunha sesión de contacontos. Nesta ocasión estiveron máis enfocadas cara os máis pequenos do cole, aínda que tamén quixeron asistir algunhas clases dos maiores. 

       O 20 de abril visitounos Irene Cerrume para contarnos a historia de  "Guimard" 



   e ao día seguinte visitounos Miguel Guido, que nos trouxo o conto musicado "O lobo feliz": 










27 may 2026

ANIMACIÓNS LECTORAS

 

     
       Este trimestre visitou o noso cole Iria Misa para conversar co alumnado de 5º e 6º de primaria, que tiveron o seu libro "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" como parte do seu itinerario lector deste curso. 

          Foi unha sorte poder contar con esta autora e falar de temas como a identidade, as diferenzas que nos enriquecen e nos fan únicos...un libro moi necesario!


26 may 2026

ANIMACIÓNS LECTORAS


      Ao longo deste primeiro trimestre, ademais da obriña teatral "Voa, voa, Estrela!" , adaptación do libriño "voa, voa, estrela" que ao mesmo tempo se basea na panxoliña tradicional do mesmo título, que representaron os nenos e nenas de 6º,



 




 tivemos a visita de Caxoto con "Contos vellos, novos finais" onde aborda temas da igualdade de xénero dende os estereotipos presentes nos contos, a coeducación, a igualdade....



     En decembro, chega a Burela "Berenguela na gaiola" e, como non, alí fumos ao auditorio da Casa da Cultura para vela. Para nós é moi importante facer partícipe ao noso alumnado deste tipo de propostas e que tod@s teñan as mesmas oportunidades para poder asistir. Trátase dun espectáculo baseado na obra de Manuel María, dirixido por Paula Carballeira, cheo de imaxinación. 




8 may 2025

ANIMACIÓN LECTORA: XERARDO QUINTIÁ E O CORAZÓN DOS PAXAROS

 



  Este venres 9 visítanos Xerardo Quintiá, autor de "O corazón dos paxaros", un alegato de amor aos animais e á natureza e en contra da caza. 

   O alumnado de 1º ciclo estará encantado de recibilo e escoitar todo o que nos ten que contar. Logo esperan que lles firme o seu exemplar, xa que o limos na clase neste trimestre. 








ANIMACIÓN LECTORA: ANDREA MACEIRAS E "O ENIGMA DE SEMPREVIVA"

 


      Andrea Maceiras veu falarlles ao alumnado de 3º Ciclo do seu libro "O enigma de Sempreviva". Estiveron atentos e espectantes porque sempre conta as cousas dun xeito especial. Entre todos crearon unha nova historia e descubriron moito máis sobre os personaxes. Encántanos!!!!



    O alumnado de 5º elaborou un Booktube sobre o libro

 

7 may 2025

ANIMACIÓN LECTORA: CONTOS DE MEDO


    Para o mes de novembro, o noso exalumnado que agora está en 1º da ESO do IES Monte Castelo, preparounos unha sesión na súa biblioteca terrorífica!!!! Pequenas historias lidas creadas por eles e unha obriña de teatro...















30 may 2024

ANIMACIÓN LECTORA: "DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS" DE EVA MEJUTO


       Para ir rematando o curso e pechando coas animacións lectoras deste ano, visítanos Eva Mejuto para falarlles ao alumnado de 1º ciclo sobre a súa pequena obra "Dez gatiñas viaxeiras"

   


    Ademáis  o alumnado de 1º de EP preparou dúas pequenas representacións desta obra para os peques de infantil.